martes, 13 de abril de 2010

E agora qué?…

Cando neste mesmo blog, os pasados días 6 e 7 me facía eco da “proposta” do nacionalista Lobeira, contra dos pescadores deportivos acusandoos de esquilmar os r OLYMPUS DIGITAL CAMERA         ecursos do noso litoral, algún o millor pensou: xa esta iste cas suas lerias. Nas dúas entradas que lle adiquei o tema, facia notar que non eran os pescadores deportivos os que esquilmaban co seu número os recursos; segundo unha mala nova da Voz  de Galicia, mais desinformando que outra cousa. Mais ben, son os pescadores profesionais, non todos, senon os que non tenen escrúpulos para usar dinamita no cerco, calar nasas nas praias, sobrepasar cotas ou deixar redes pescando de xeito ilegal os que arrasan o seu e mais o de todos os que viven do Mar

Mais, nesta ocasión, as redes non so fixeron o dano que fan a cotio; senon que tamen segaron unha vida. Unha vida dunha alumna do Centro de Bcuceo de Vilagarcia, que afogou prendida dunha rede mergullada ilegalmente no illote Xidoiro Pedregoso, cabo d’A Illa d’Arousa onde facia as suas prácticas finais para obter o tíduo de buceo, segundo informa  La Voz de Galicia . E agora qué?, non se sabe si a rede era un trasmallo ou un miño, non se sabe a que pertence, nin de que porto é, nin quén a calou fora de normas (o accidente foi o OLYMPUS DIGITAL CAMERA         domingo antes das 12). Todas istas incógnitas as han de resolver as autoridades. A mín o que me doe e a vida desta muller que xa non vai ter reparación posibel.

Non me gosta ter razón deste xeito, por iso cando lle botaba en cara o Lobeira que se dedicara a outras cousas non o facia de balde. Ben, desta volta os nacionalistas Lobeira e Blanco si acertan o lle reprobar a Xunta a perda de empleos, mais de 170 directos e outros inducidos, polo desguace de unha ducia de barcos en Burela e Celeiro. Solicitan tamén os nacionalistas se definan axudas para a comercialización en primeira venda de especies coma pescada, que pasa a prezos moi baixos nas lonxas, segundo se reseña na Voz