viernes, 28 de marzo de 2014

Efectos Secundarios.


O que aqui vou relatar, coma din nas boas filmes, está basado nun feito verídico. O certo é que onte fun a un dos "super" da nosa Vila mercar unha pouca de carne de tenreira para xuntos con unhas patacas facer un guisote deses de culler. A carniceira logo de me atender solícita no pedido me entregou a maiores uns boletos para un sorteo e un "brik" dunha oferta por 0,50 € dun preparado de "chocolate a la taza". A oferta era para compras superiores aos 10 €; a miña ainda que non chegaba, me dixo a dependente que me "obsequiaba" igual; que "xa outro dia gastaria o que faltaba". Como son cousas que a míudo pasan nestes centros non lle prestei máis atención. Non sei si queria o chocolate, ou non. Tampouco si queria gastar os cartos nese producto, ou non. Ao final, o brik rematou na miña neveira.



Xa a noite, logo da cea, e cando xa rematará as labouras cotías, fun un pouco para o Facebook. Logo de mirar o que se contaba, me recordei do "chocolate"; nin corto e, tampouco perezoso, vou aló. Xa ao destapalo (era un brik con tapón de rosca, un luxo), doulle volta e que non cae nada de nada. Tamos ben, pensei. A "cousa" é espesa coma o chocolate. Ao fin que a "sustancia", no fondo do cazo, semellaba coma famoso logotipo escatolóxico do twitter (ai ao lado o tendes, na foto) tal cual. Ben, con un pouco de leite e unha galletas rematei co disposto.


Logo da operación "chocolatada" voltei ao pórtatil e non sei si foi polo recentemente inxerido, ou non; o caso é que xa no Facebook me entrou unha especie de paranoia e mira por onde, co confundin co Twitter e me puxen a meter entradas nun ritmo de máis de unha por minuto de menos de 140 caracteres. Nun espiral de tolemia, que me durou case que unha hora, foi tal a "diarrea mental" que ata eu mesmo collín medo e coma me recomendaron algunhos amigos "virtuais" fun para o catre.

Pola mañan, que pensaba ir ben cedo (as 7:15 mas ou menos) para a horta, se me pegaron as mantas e non conseguín erguerme ata as 8:00 ou máis. Preparando o brebaxe ese que chamamos café, xa me entraron uns retortillóns e corre para o water. A diarrea ágora xa non era mental; pasou a ser real. O caso é que xa non puiden ir a horta. A terra segue sen preparar, as patacas xermolan no caixa, e o tempo perdido.

Que cadaquén saque as conclusións que queira. Todo o relatado é certo. Ambalasdúas diárreas -a mental e a real- non sei si son efecto da "oferta" do choclate, ou nón. Eu, o que digo é que o chocolate a min sempre me estriñeo, o facebook a min sempre me "endureceu" os pensamentos. E o twitter, o twitter xa nin digamos o que me causa...

miércoles, 26 de febrero de 2014

Paco de Lucia e o Mistol. In Memorian.

Pois ben, finou Paco de Lucia. Morreu aos 66 anos de idade este mércores dun infarto. O gran mestre da guitarra que sen dúbida foi quen mais a achegou ao gran público.

A modo de sucedido ou anécdota vou contaros o porqué da miña simpatia para con o gran guitarrista. Hai moitos anos, nunha das miñas primeiras viaxes longas visitei a uns familiares que temos na outra punta do mapa, en Alxeciras de onde era natural o artista.


Pois ben, unha tardiña decidimos ir tomar unhas cañas a un sitio chamado "O Botabara", que estaba a pé de praia do Rinconcillo, ao que se chegaba por unha pista entre cañaveirais e area. Era antés do gran boom do ladrillo e ainda non estaba a zona tan "urbanizada" de chalets adosados como ágora.


No "Botabara" facian unhas sardiñas ao espeto nunhas brasas na mesma praia que eran unha pasada. Tamén facia un Polbo a Grella que era a primeira vez que o miraba facer desa maneira; apestaba que metia medo. Cheiraba coma neumático queimado. Non fun quen de probalo.

Nunha das mesas do lugar, preto de nós, estaba Paco de Lucia con uns amigos, entre outros Julián Contreras, compartindo unhas das xoubas. O rematar se levantou e dirixíndose a dona do local lle pediu: "Mari, pásame el Mistol quilla". Tal era o "aroma" que tan preciado peixe deixa nas mans. Logo de se limpar a conciencia, agarrou a guitarra e de xeito espontaneo ofreceo aos seus amigos, e a tódolos presentes, unha mostra do seu asombroso poder.

Aquí vos deixou unha rumba "Entre dos Aguas"; unha peza significativa do seu arte. Descanse en Paz.

sábado, 15 de febrero de 2014

A cor da pel.

Arsenio FernándezdeMesa, director da Garda Civil

Sona moi como o título dun filme, senón fora porque coma sempre a realidade supera a ficción. A cor da pel. Moitos pensan que non ten a mais mínima importancia. Pois, non é certo. A cor da pel importa e moito. Quén, dos que lean esto, nun cree que si os mortos ao outro lado da fronteira de Ceuta en vez de seren negros foran blancos non teria xa dimitido o "mentiroso" de Fernández de Mesa.


A xente pensou que co invento das coitelas no arame da verxa xa o tiña todo visto. Támpouco era certo. Disparar con bolas de goma, segundo eles a non dar, aos que trataban de poñer pe na beiramar dun mundo mellor, é moito peor. Non auxiliar aos que se estaban a afogar, por mor de acadar un soño de vida, é moitísimo peor.

A "defensa" de decir que o fan para defender a fronteira da Patria, a min non me sirve. Ao longo da historia as fronteiras de calqueira dos paises que hoxe son cambiaron, e cambian, en multitude de ocasións. O feito de nascer desta banda non lles da dereito. Os "pobres" negros inmigrantes so buscan o que envexan. E, como decia Hannibal Lecter no "Silencio dos Cordeiros" so se envexa o que se mira tódolos dias. O problema é que os que se achegan pola raia do Sur adoitan ser pobres, de paises moi pobres, e sen ningunha esperanza. Sen nada que perder. E seguiran chegando. Outros "inmigrantes" que teñen mais cartos adoitan chegar en "vuelos regulares". Ben regularizados e en ponte de prata, porque os paises dos que proceden pode que invirtan no noso.


O problema sen dúbida é moi complicado de resolver. Ágora ben, o respecto aos dereitos fundamentais dos seres humanos non se pode nin siquiera poñer en entredito. Os que intentan saltar as verxas son -e semella que se esquence- seres humanos, e non son ilegais. As persoas non son ilegais.

miércoles, 12 de febrero de 2014

En garda civil.

O governo que non hai pao que non toque -oes está en todo- e cada vez mais "fundamentalista" ven de prohibir o uso do uniforme da garda civil para calquer cousa que non sexa acto de servizo (mais ou menos). E, os moitos disfraces que tódolos anos polo entroido se miraban pasan a ser totalmente ilegais.

Ben, coma disfraces hai moitos e uniformes de que se vestir tamén, eu o que hoxe lles quero relatar os lectores e un sucedido real que lle pasou a este servidor con os uniformes.

Hai uns anos, cando o entroido era Entroido, eu vendia disfraces e complementos na miña tenda. Aquelo si que eran vendas. Estábamos ata as 2 ou as 3 da madrugada abertos e vendendo a todo ritmo. Daquela se vendian moitos petardos. Habia uns que eran certamente moi potentes. Os rapaces lles puxeran o nome de: "Cuartos de Barreno", tal era a súa forza. Os mercaban por caixa de 100 unidades e as explosións non deixaban de se suceder, bomba vai bomba ven.

Nesa epoca a "movida" estaba na avenida de Galicia e ruas do redor. Pois ben, cada vez que o coche patrulla da parella de tres, que coidaba que a xente non se desmadrara, pasaba pola rua Villalba os rapaces lle tiraban nos baixos unha serie de petardos que facian retumbar o "Patrol". Os axentes acabaron temblando. Nesto que ao ver de onde viña a venda, baixaron os tres gardas e libreta en man que entran na tenda. "Tiene usted petardos", dixo o sarxento. "Pois si teño. Qué queres? Unha caixa de 100?" respondin eu pensando que viñan disfrazados. "Oiga usted, que somos guardias de verdad", clamou o axente. "Perdone vostede, señor; asi disfrazados os pode confundir calqueira", aventurei eu. "Tiene usted permiso para vender petardos", medio se enfadou o sarxento, botando man xa da libreta. "Cómo di?. Claro co teño. Eu pago os meus impostos para vender entre outras cousas artigos de carnaval. Todo o que vendo e legal. Eu non vendo petardos ilegais, veñen todos con factura, e son clasificados para a venda pola Generalitat de Catalunya. E, mais, pola tenda viñeron do concello revisar o que iamos vender nestes carnavais e todo estaba en orde. Quere ver as facturas?", repuxen eu aparentemente moi certo de todo elo. O caso e que o sarxento, porque os outros dous nada dixeron, non debia ter támpouco moi clara a normativa e vendo que xa eran as 2:30 da madrugada me dixo: "Bien, en esta ocasión no le vamos a multar. Pero, no siga vendiendo más petardos", nunha especia de perdoa-vidas cousa que lle agradecin. Coma din os da "Generalitat", la pela es la pela. Marcharon "los agentes de la autoridad" e nos aproveitamos para pechar que xa ia sendo hora.

Este sucedido, totalmente certo, ven a demostrar que no Entroido non se pode ir "disfrazado" de garda civil nin para traballar.


lunes, 10 de febrero de 2014

Alarma Social.

Andaba hai un par de días ou dous, a argallar nesta "arañeira" global que o mundo dixital cando me sorprendía a última entrada que facía no seu blog Manuel López Castro "Malocas", blogger que foi periodista do Progreso de Lugo.

Refería Manuel, que un xuíz de Ourense deixara en liberdade a unha banda de "foraxidos" -coma nas filmes do oeste- que suposta-mente cometeran mais de 76 roubos. Facía unha reflexión no artigo si non bastaba a alarma social que creaban tales roubos para metelos no cárcere. Si queredes e é do voso interese o artigo enteiro o podedes mirar aquí .


Penso que facer demagoxia con estes temas non conduce senón a fomentar mais esa alarma social. E digo demagoxia porque non se pode dicir que malia que o fiscal (pediu cárcere so para 4 dos 8), a garda civil (ca súa investigación nin convenceu o fiscal), e esa "suposta" alarma social" semellaban asistir o xuíz; éste aplicando a Lei os deixou en liberdade. Para min quero que sexan os xuíces -pese os seus erros- os que me apliquen a lei-

Neste país alarma social están a crear-la mais os nosos dirixentes. Hai un feixe deles -do governo e non- en-causados por corruptelas uns e por corrupción outros. Desde a filla do rei para abaixo vos seguro que coñecedes algún caso. Mesmo hai casos xa xulgados e sentenciados polos xuíces nos que os implicados foron condenados a cárcere con penas de mais de 2 anos. Penas estas que a esa banda ourensá de "foraxidos" lles suporía o ingreso de inmediato; mentres os políticos seguen fora a espera do correspondente indulto ou de mais penas coma é o caso do ex-ministro e ex-presidente do governo balear, Jaume Matas.

Este tal Jaume Matas foi que veu a Ribadeo inaugurar o Paseo Marítimo "Alfonso R. Castelao", como nos recorda a pedra da foto que acompaña, e que cada vez ca miro cando paso diante dela me pregunto que terán que facer todos estes corruptos para que rematen con os seus osos no cárcere. Iso si que é alarma social.

viernes, 7 de febrero de 2014

O ruxe ruxe non trae nada bo.

Hai moito, moito tempo que non me pasaba por estes "folios en branco" que son os recadros da páxina deste blog. Hai case ou mais de dous anos. Prometo que a seguinte non vai tardar tanto.

Ben, ao noso, hoxe me chegou un rumor, un ruxe ruxe, que se anda a aventar -núnca mellor dito con tanta galerna- polos bares, tabernas e demais eidos da nosa Vila: "A SD Ribadeo de acadar o ascenso deportivo ten pensado renunciar a 3ª Divión". Así, coma está escrito, me chegou.

Parece ser, me comentan,que os xogadores xa foron informados da intención de renunciar ou mesmo vender a plaza de ascenso en caso de conseguila no campo. Non semella está unha afortunada maneira de levar o equipo. O que con tanto esforzo se consigue no terreo de xogo non se é quén de consolidalo nos despachos. Si actual xunta directiva, no seo primeiro ano de "contrato" ca afición ten pensado tamaño erro, desde aqui xa adianto que debe dimitir. Para renunciar no facia falta contratar xogadores de fora, técnicos de fora (entrenador, preparadores físicos e demais). Houbera sido moito mellor ir mais amodiño senón se sabia o que lles viña encima.

Haberá que esperar as novas que se produzan nos proximos dias. Desde aqui animar os xogadores para facer o seu traballo (a pesar do mazazo) e que ninguén os poida señalar coma responsables do "non ascenso". Chavales ágora mais que nunca a darlo todo.