viernes, 28 de marzo de 2014

Efectos Secundarios.


O que aqui vou relatar, coma din nas boas filmes, está basado nun feito verídico. O certo é que onte fun a un dos "super" da nosa Vila mercar unha pouca de carne de tenreira para xuntos con unhas patacas facer un guisote deses de culler. A carniceira logo de me atender solícita no pedido me entregou a maiores uns boletos para un sorteo e un "brik" dunha oferta por 0,50 € dun preparado de "chocolate a la taza". A oferta era para compras superiores aos 10 €; a miña ainda que non chegaba, me dixo a dependente que me "obsequiaba" igual; que "xa outro dia gastaria o que faltaba". Como son cousas que a míudo pasan nestes centros non lle prestei máis atención. Non sei si queria o chocolate, ou non. Tampouco si queria gastar os cartos nese producto, ou non. Ao final, o brik rematou na miña neveira.



Xa a noite, logo da cea, e cando xa rematará as labouras cotías, fun un pouco para o Facebook. Logo de mirar o que se contaba, me recordei do "chocolate"; nin corto e, tampouco perezoso, vou aló. Xa ao destapalo (era un brik con tapón de rosca, un luxo), doulle volta e que non cae nada de nada. Tamos ben, pensei. A "cousa" é espesa coma o chocolate. Ao fin que a "sustancia", no fondo do cazo, semellaba coma famoso logotipo escatolóxico do twitter (ai ao lado o tendes, na foto) tal cual. Ben, con un pouco de leite e unha galletas rematei co disposto.


Logo da operación "chocolatada" voltei ao pórtatil e non sei si foi polo recentemente inxerido, ou non; o caso é que xa no Facebook me entrou unha especie de paranoia e mira por onde, co confundin co Twitter e me puxen a meter entradas nun ritmo de máis de unha por minuto de menos de 140 caracteres. Nun espiral de tolemia, que me durou case que unha hora, foi tal a "diarrea mental" que ata eu mesmo collín medo e coma me recomendaron algunhos amigos "virtuais" fun para o catre.

Pola mañan, que pensaba ir ben cedo (as 7:15 mas ou menos) para a horta, se me pegaron as mantas e non conseguín erguerme ata as 8:00 ou máis. Preparando o brebaxe ese que chamamos café, xa me entraron uns retortillóns e corre para o water. A diarrea ágora xa non era mental; pasou a ser real. O caso é que xa non puiden ir a horta. A terra segue sen preparar, as patacas xermolan no caixa, e o tempo perdido.

Que cadaquén saque as conclusións que queira. Todo o relatado é certo. Ambalasdúas diárreas -a mental e a real- non sei si son efecto da "oferta" do choclate, ou nón. Eu, o que digo é que o chocolate a min sempre me estriñeo, o facebook a min sempre me "endureceu" os pensamentos. E o twitter, o twitter xa nin digamos o que me causa...