viernes, 9 de abril de 2010

Depoñer ou reventar

O noso Concello, na persoa do Alcalde, ven de editar un bando recordando os donos dos cans o que facer cas deposicións dos mesmos baixo apercebimento da correspondente sanción. O caso é que a ordenanza o efecto está aí; o que non recolla os deposicións ou mesmo en razas perigosas non leve os seus animais con bozal pode ser sancionado ca conseguinte multa; poren ata ágora non se levou moito a cabo.

Hoxe en dia, hai moita xente que volca os seus afectos nos animais, e mesmo cren adiviñar neles características e condiTienda 11-3-07 018cións humanas; sobre de todo, nos cans. Nas zonas rurais ter un can ou mais na casa dase por sentado, e non hai moito problema de onde evacua; hai moito campo. Vivir na Vila xa causa mais a lata cando tes un can na casa e o debes sacar tódolos día para que faga as súas necesidades. Atopar un sitio axeitado non é doado, dispoñer de tempo para levar o animal o campo, tampouco. Por iso, non é raro mirar os animais e os seus donos enzoufando en zonas nas que non está permitido –parques, beirarrúas, etc.- e mirando para outro lado; os donos, digo.

Eu, que como pódedes mirar no meu perfil son o dono dunha preciosa Cocker a levo o campo; tódolos días. Unha cousa é certa, os animais non teñen a culpa dos seus donos. E, os amantes dos animais como os que non, non temos porque sufrir donos de cans desaprensivos. Eu, que teño unha tenda teño que padecer a miudo nas paredes os oriños dos cans. E, xa se sabe onde mexa un mexan tódolos demais que pasen por diante. Mesmo teño chamado os municipais e non facer nada, con os donos diantes. Espremos que co novo bando, cambia a actitude de quen ten que facer cumplila Lei.

E, xa para rematar, que se fará cando o can sexa de duas patas e nos fins de semana moitos padecen as horas de diversión dos demais. Uns a se divertir e mexar e os outros a sufrir. De canto e a cuantía das multas que non se ponen?