martes, 6 de abril de 2010

Como Dicía Fai Dous Anos..

Ben, como dicía fai dous anos...

Resultou certo, para desgracia de moitos que o Bipartito non levou adiante por mor de moitas e varidas razóns. Non vou voltar sobre do tema. Cadaquen espía os seus proprios pecadoOLYMPUS DIGITAL CAMERAs e nelos leva a penitencia. O que si e que o que se aproveita e o Feijoo; nin o PSOE e moitos menos o BNG fixeron examen de conciencia. Mesmo os nacionalistas eu penso que non saben ben por onde andan; son o partido de esquerdas menos de esquerdas que coñezo. Aos da UPG, os que están na doreción, so lles importa quedar nela. NOn hai atisbo ningún de democracia interna.

Ben, ó noso. Aproveitando que estreei páxina no Facebook, e mesmo fixen a Proclamación de Independencia da República de Ribadeo imos comentar a actualidade. A actualidade da República e mais da Nación de Galiza; as veces tamén do Estado español ou doutras comunidades. Comentaremos todo o que nos incumba.

Para hoxe, imos comezar cunha nova que viña nas páxinas da Mariña da Voz de Galicia, representativa do que comentaba que pouco anda a cambiar no nacionalismo galego. Dicía a Voz de Galicia -por certo, coma sempre máis desinformando que outra cousa- que o nacionalista Bieito Lobeira, supoño que intentando xustificar o soldo de deputado, viña de lle preguntar a Xunta como influía a pesca deportiva nos recursos do litoral galego. Se vos intresa pódedes mírala nesta ligazón:http://www.lavozdegalicia.com/amarina/2010/04/06/0003_8398444.htm"

Ben, non sei si a preocupación de Lobeira xurdiu dalgunha visita a unha taberna dalgún peirao ou dalgún "amigote" que llo pediu encarecidamente. O caso e que non pode haber mais despropósito entre iste e mais o redactor da nova. Na versión impresa do xornal mesmo se empleaba o silogismo de que os 7.000 pescadores deportivos con licenza na Mariña podian coller 35.000 kilos de peixe diarios; facendo uso do permitido nos topes de capturas. Iso no caso de que todos foran o Mar a diario e pescaran os 5 kilos permitidos. Non deixa de ser un silogismo, xa que pese a ser dous enunciados verdadeiros o resultado non é máis cunha basta patraña. Non todos van o Mar tódolos dias e non tódolos que van, voltan con 5 kilos de peixe.

Lobeira, tamén se facia eco das queixas dos profesionais, da venda que por trás fan os deportivos das súas capturas a particulares e restaurans; cousa que está proibida pola Lei. A falla da vixiancia non xustificaria xeralizar en todo o colectivo de pescadores deportivos. Tampouco seria xusto, botar nas costas de todo o colectivo profesional, a venda que por trás fan algúns destos por exemplo do polbo que non da a talla; ou dos excesos do tope de capturar que fan dende os mariscadores ata cerqueiros que mandan o peixe (xurelo) para Portugal e logo voltan o Mar para vender outra quenda na lonxa. Cousas coma istas son a verdadeira razón de que a cada paso os recursos estean máis esquilmados. Non caladoiros viciños de Asturias e nas súas lonxas de San Pedro Tapia, Puerto Vega, Cudillero ou Avilés non se quexan dos deportivos. E a maiores, a Lei de Pesca Deportiva de Asturias e mais permisiva nos cebos e nos topes de captura ca galega e non por iso os profesionais piden represalias contra do colectivo de deportivos. O que fan é coidar dos seus recursos e ben saben quén son os, a diferenza dos nosos profesionais que mesmo non tenen os mais mínimos escrupulos en usar a dinamita se lles peta.

Por iso o Lobeira para xustificar o seu soldo ben poderia pedir facer outras preguntas. Os deportivos tamén votan, e tirando de silogismos: 7.000 deportivos son mais votos que 2.000 profesionais; ou non?

Por iso, como no Samartiño da imaxe, e como tódolos peixes: Pola boca morre…. o que fala de mais.