martes 4 de mayo de 2010

Parecía Guillerme, poren era Guillermo.

Antonte domingo, o se cumplir o primeiro cabodano da elección do Guillerme Vázquez coma Portavoz Nacional dvazquezo BNG, no xornal La Voz de Galicia lle adicaban duas páxinas. Unha de entrevista e outra de reportaxe. Nesta última o autor viña dicir na definición do portavoz nacional que parecia “mangallón” e a máis “afable”.

O de mangallón, ben explicado no mesmo xornal non semella tan grave, non?. O que non estou moi seguro é si alguen estaría disposto a eleixir para presidente de Galiza a un mangallón por moi afable que fose.

Claro que tamén, no tratamento que lle adoitan dar as novas do portavoz do BNG, van mesmo de “cirujano profesional” a “mangallón afable”; pasando polo nome que unhas veces e “Guillermo” e outras “Guillerme” segundo lles conveña no xornal para os seus interesVázquez 2es.

Nestes ultimos tempos, e grazas a posición oficial dos nacionalistas, sobre da fusión das Caixas galegas, coincidente ca posición do dito Xornal, pasaou de castelanizado Guillermo o mais lóxico Guillerme. O malo e que o quixeron facer tan ben que arrearon o de mangallón polo medio. Vaia “sanbenito” que lle foron a colgar.

O que si que entre “mangallón” e “cacharulo”, case que millor o de primeiro pola altura o digo, non vaia ser que tamen o confundan con un “mexeriqueiro” que cando se trata de lle contestar a Xose Manuel Beiras non semella que sexa Guillermo Vázquez. Ainda que, si se trata de lle contestar a Bautista Alvarez a definición non sei cal se poderia tomar. “Caladiño”, e ben caladiño.

POr todo isto, non se me vai da cabeza aquela canción do “meloso” duo Pimpinela: “Porque ella no era ella, parecía una doncella. Y se llamaba José”. José, non Xosé.

jueves 29 de abril de 2010

Pulseiras

Levan máis de dous anos entre nós. äs inventaron dous irmans americanos e avispados. Me refiro as pulseiras holográficas que, supostamente, e grazas a unha secuencia que vai no selo de Mylar (plástico, para os non crentes), nos proporciona efectos bos para a nosa mente e o noso corpo; ai é nada. Se deséxades máis información a pódedes atopar nesta ligazón de El País.

Dende logo eu non vou entrar no xogo de pulseira si ou pulseira non. Que o Ministerio de Sanidade do Estado non decidira ata o de agora a “alertar” contra das mesmas clama o ceo. E que so decidira “alertar”, xa case me parece un delito; se son un engano o que hai é que denunciar os responsabeis da fraude.

Poren, mírade vos, que os ariños de silicona si que serven para unha cousa. Serven para sacarlle as cores a algunhos; e non me estou a referir a última e espero que derradeira anunciante que contrataron para anunciala, me refiro a Belen Esteban. Con semellante anunciadora xa se sabe a quen van dirixidas. Eu, me estou a referir aos que se tenen por “medios de comunicación serios”. En conctreto a La Voz de Galicia, que con os conseguintes  cuponciños diarios para aumentar as vendas iste mesmo fin de semana pon a venda as “argolas máxicas”.

Verdadeira pena me dan os periodistas, os bos periodistas que sen dúbida hai na redacción dese xornal e que tenen que tragar con “productos de marketing” que lles imponen para gañar uns lectores mais. Eu, e non dúbido que eles tamén, penso que a millor maneira de ser un medio de comunicación serio, é que páxinas do seu periódico estean cheas de boa informacióOLYMPUS DIGITAL CAMERAn, de novas veraces e contrastadas, e dicir de un bo traballo xornalístico. Claro que tamén, polo que se desprende a diario das páxinas da Voz, cada vez máis, hai tamén na sua redacción unha morea de “periodistas” de sillón, que están a espera de que os xefes de prensa dos presidentes, dos conselleiros ou, coma no caso da edición A Mariña, das notas de prensa dos alcaldes que lles facilitan non movelo cu. E, logo sae o xornal como sae.

As pulseiras non sei si dan mais ou menos “paz mental” ou non. O que si teño claro é que o que desexa unha pouca de tranquilidade espiritual pode dar un paseo ata a Illa Pancha, por exemplo, e “meditar” un pouco sentado no banco da imaxe que acompaña ista entrada.

Saude, e que non vos déixedes enganar e sácalos cartos.

miércoles 21 de abril de 2010

Mais aló…

Hoxe, tiña pensado falar de Garzón; poren ainda non aprendín abondo latín.

Millor que andar a falar do superxuiz, prefiro comentarmos o artigo da filóloga Sandra Faginas que hoxeOLYMPUS DIGITAL CAMERA         na Voz de Galicia, na sua columna de opinión Linguas Vivas. A mín que, certamente, nín son filólogo nín nada relacionado ca Lingua –so hai que mirar o feixe de “erratas” que leva cada entrada- non deixa de me sorprender a riqueza coa que o Galego ten a capacidade de definir as cousas máis ca outras liguas. A mais deixádeme dicir que estou encantado de que o artigo de Sandra veña a explicar o meu sentimento. Será casualidade ou coincidencia?.

Hai uns días, eses dias de Nordesia 9.0 que so na nosa costa se pode apreciar en toda a sua forza, tiven a ocasión de sacar as fotos que acompañan ésta entrada, e que estan a vosa disposición na miña Galeria do Flickr.  A primeira, arriba a dereita, lle poñia de tíduo “Mais Aló…”, xa que isa paisaxe me dicia que non podia ser noutro sitio, OLYMPUS DIGITAL CAMERA         senon mais aló, que o galego e capaz de definir da maneira que Sandra nos dí no seu artido.

Hoxendia, hai quen tamén pon en dúbida a existenza dunha cultura de raiz céltica, coma tal. Abondando -con moito atrevimento- no dito artigo, penso que os galegos falamos como falamos moi influenciado pola paixase. Se non existira o mais aló, seguro que tiñamos que inventalo. Ben poderia ser unha seña de identidade, e de xeito co é, xa que so en Galiza de pode definir de maneira tan exacta algo tan indeterminado, ou nón?.

Maña, falamos realmente falaremos do Garzón Real.

lunes 19 de abril de 2010

Pese a …

Os grupos políticos que sempren andan a greña por quén sae mais nas “teles”, a pouco que se pararan, os de Ribadeo, se darian conta de quén é o político que máis sae no xornal “La Voz de Galicia”, na súa edición d’A Mariña.

Sen dúbida, non hai color. O político que sae máis a cotíCatas do Alcaldeo nas páxinas do dito xornal é o alcalde de Ribadeo. O certo é que se pode comprobar de maneira moi sinxela. Dende fotos o máis puro estilo americano “agarrando o pico” e sen casco pese o perigo; ou na “boa” compaña da “oposición”, coma as que ilustran iste texto; ata calqueira anuncio de obra, inauguración da redacción do proxecto, licitación do proxecto, adxudicación do proxecto, e demais do proxecto, o mesmo sexa obra do Concello, da Deputación, da Xunta; e non nos estranaria moito que mesmo saise por algunha obra dun particular.

Tampouco é que vaia a influenzar en moito tanta saida e tanto “arrímala ascúa” por parte do xornalista que a miudo firma ditas novas, José Alonso. Mesmo ca redacción das novas queda a dúbida de que sexa simpatia persoal do xornalista-delegado, o a caso sexa que tendo oposición novas xa redactadas para que imos molestarmos en búscalas, non si? E, para exemplo basta ler a nova sobre da bandeira verde que lle acaban de renovar a Ribadeo. Non se pode dicir que lla deron “pese aos grupos coma o UPRI”, senón se supón por méritos proprios.

Por iso, pese a tanta saida non vaia pasarlle o noso alcalde, como lle pasou a aquela outra persoeira do seu proprio partido, Branca Rodríguez Pazos, que en todos cantos cargos desempeñou o que millor sabia facer, e case o único que sabia facer, era convocar os medios para calqueira quítame ala isas pallas. Así lle foi que o que conseguio para ela e para o seu partido foi derrota tras derrotas: e o fín un culebron cas bagoas que verteu diante dos xornalistas dicindo que o pobo de Lugo non a queira. Por algo seria.

Xa o dí o refraneiro, “cando mírelas bagoas do teu compañeiro caer, vai comprando panos para as túas”.

jueves 15 de abril de 2010

Galeguidade é …

A galeguidade non existe; existe o Galeguismo.

Hoxe nas páxinas de Galiza, do xornal El País, e nunha entrevista ao conselleiro-delegado de R,o coArturo_Dopicoruñés Arturo Dopico logo da compra do 35% da compañía por o fondo de inversión británico CVC, facia todo un exercizo de sinceridade o manifestar a súa opinión do que e galeguidade e non. “Cada uno decide la galleguidad  como le da la gana. Galleguidad es un capital que está dispuesto a invertir en Galicia, y que apuesta por su equipo directivo, y que a partir de Galicia decide crecer. Eso es galleguidad 100%.”, era a resposta de Dopico a pregunta de si a venda os brítanico non ia significar a perda da galeguidade de R.

Pódese dicir máis alto, supoño; poren non mais claro. O diñeiro non ten Patria. Vai e ven, ven e vai aló onde pode obter mais beneficio. O mesmo cas empresas de orixe galego van ata os confíns do mundo civilizado sen obteñen un euro mais que en Vila de Cruces, en Ordes ou no mesmo Vigo, as empresas doutros sitios poden invertir en Galiza sempre que se dean as condicións. O do diñeiro galego e un camelo, non existe.

Tamén na mesma entrevista se vislumbra o futuro da empresa R, medrar dende Galiza ata o resto do estado, sempre e cando lle deixen claro. Existe o compromiso de invertir 330 millons de euros en Galiza, ainda que so é ub compromiso, polo momento. O malo é cos compromisos xa se sabe as veces.

miércoles 14 de abril de 2010

A Gaspar atácano de novo

Unha vez máis, o tempo que da e quita razóns, pon de manifesto que o que hai 2 anos comentaba nun entrada do Espazo de Juan non ía tan descamiñado.

Co novo episodio protagonizado polo golfiño nas regatas de bateis de Cangas se compren as duas premisas que 29608 reseñaba. Por unha banda o animal é un animal salvaxe, a pesares de que segundo din os expertos poida que fora adestrado para algunhas tarefas. Que lle goste xogar ca xente non quita de que haxa que gardar as formas. O peso do animal por si só pode botar a pique unha lancha ou lanzar o mar os seus tripulantes. Tamén,un “sinxelo” toqué do golfino querendo xogar pode acasionar lesións. Pola outra banda, fora dos científicos e biologos que estudan os animais, a maioría da xente non está preparada para interactuar co golfiño Gaspar. Basta con mirar a palada co remo que lle da o de Mecos o animal e a reación deste para entender que hai que manter un distancia prudencial para non causar dano o animal.

O que non cambeou en dous anos e a miña opinión de que non é de moita cultura botarse o Mar para conseguir imaxes do animal, sin estar preparados e sen mais; ainda que logo te defenda na “telegaita” o Farruco decindo “que mal hai en que uns rapaces queiran nadar con un golfiño. Pois ben Farruco, xa o miras.

martes 13 de abril de 2010

E agora qué?…

Cando neste mesmo blog, os pasados días 6 e 7 me facía eco da “proposta” do nacionalista Lobeira, contra dos pescadores deportivos acusandoos de esquilmar os r OLYMPUS DIGITAL CAMERA         ecursos do noso litoral, algún o millor pensou: xa esta iste cas suas lerias. Nas dúas entradas que lle adiquei o tema, facia notar que non eran os pescadores deportivos os que esquilmaban co seu número os recursos; segundo unha mala nova da Voz  de Galicia, mais desinformando que outra cousa. Mais ben, son os pescadores profesionais, non todos, senon os que non tenen escrúpulos para usar dinamita no cerco, calar nasas nas praias, sobrepasar cotas ou deixar redes pescando de xeito ilegal os que arrasan o seu e mais o de todos os que viven do Mar

Mais, nesta ocasión, as redes non so fixeron o dano que fan a cotio; senon que tamen segaron unha vida. Unha vida dunha alumna do Centro de Bcuceo de Vilagarcia, que afogou prendida dunha rede mergullada ilegalmente no illote Xidoiro Pedregoso, cabo d’A Illa d’Arousa onde facia as suas prácticas finais para obter o tíduo de buceo, segundo informa  La Voz de Galicia . E agora qué?, non se sabe si a rede era un trasmallo ou un miño, non se sabe a que pertence, nin de que porto é, nin quén a calou fora de normas (o accidente foi o OLYMPUS DIGITAL CAMERA         domingo antes das 12). Todas istas incógnitas as han de resolver as autoridades. A mín o que me doe e a vida desta muller que xa non vai ter reparación posibel.

Non me gosta ter razón deste xeito, por iso cando lle botaba en cara o Lobeira que se dedicara a outras cousas non o facia de balde. Ben, desta volta os nacionalistas Lobeira e Blanco si acertan o lle reprobar a Xunta a perda de empleos, mais de 170 directos e outros inducidos, polo desguace de unha ducia de barcos en Burela e Celeiro. Solicitan tamén os nacionalistas se definan axudas para a comercialización en primeira venda de especies coma pescada, que pasa a prezos moi baixos nas lonxas, segundo se reseña na Voz