sábado, 10 de abril de 2010

Bola Molotov

Nesta semana a nova por desgraza máis repetida da nosa vila de Ribadeo foi a da “gamberrada” duns cativos pola que unha muller, de 79 anos, resultou con queimaduras dende os OLYMPUS DIGITAL CAMERApes ata cintura, nun 40 por cento do seu corpo; e se atopa grave no CHUS de A Coruña. Os nenos deron en prender unha bola de ping-pong e a tiraron no interior da tenda que dende hai 30 anos rexenta a dona, e que está situada preto do Colexio das Monxas.

Parece que a idea a sacaron da internet. Picaron unha bola de plástico e a rechearon con gas; logo lle meteron unha mecha, facendo unha especie de “bola molotov”, para despois plantarlle lume, ca mala sorte de ir parar as pernas e as roupas da muller. Os pequenos que se atopaban comprando, cas suas cazadoras e o home da muller con un caldeiro de auga conseguiron apagar o lume, ainda que con as citadas e imprtantes queimaduras no corpo da señora.

Sempre que pasa algún caso semellante, o revuelo que se produce e maiusculo. Os medios de Comunicación –xornais, televións e demais- tenen algo no que meter o dente. Declaracións, especulacións, comparacións, o que mais esaxere e mais morbo lle poña pensa ser o gañador da carreira mediatica. O malo para o pobo é que swe pon en boca de todos; e case que coma un lugar pouco menos que salvaxe. Algún, como El Progreso de Lugo, mesmo facia reconto de tódolos casos dos “últimos” tempos, e citaba en concreto catro sucesos significando o aumento da delincuencia e do vandalismo na nosa Vila. Facendo memoria  dos casos citados nos levaria a hai 3 ou 4 anos, polo que o aumento non parece moi grande para un pobo de dez mil veciños. Hai que ir con xeito, e non esaxerar. A nosa Vila é coma todas as d’A Mariña un sitio tranquilo, con non mais nin menos indices de sucesos que outros, e dende logo moitos menos q1ue nas capitais, onde a cousa e moito mais grave. Mesmo en Lugo, o concello ven de poñer 20.000 euros para costear a reposición de papeleiras e mobiliario urban desfeito por vandalismo. Asemesmo, son notorios os problemas que tenen cas bandas xuvenís de rapaces xitanos que si atemorizan a cidade.

Os que si parecen ter as cousas mais claras son a familia afectada que en todo momento tratou de quitar ferro o asunto, facendo notar que o tomaban como “cousas” de cativos, ainda iso si con o dolor que supón ver a sua muller e nai no hóspital. Algo haberá que ter en conta e tratar o tema con un pouco mais de calma na prensa.