lunes, 19 de abril de 2010

Pese a …

Os grupos políticos que sempren andan a greña por quén sae mais nas “teles”, a pouco que se pararan, os de Ribadeo, se darian conta de quén é o político que máis sae no xornal “La Voz de Galicia”, na súa edición d’A Mariña.

Sen dúbida, non hai color. O político que sae máis a cotíCatas do Alcaldeo nas páxinas do dito xornal é o alcalde de Ribadeo. O certo é que se pode comprobar de maneira moi sinxela. Dende fotos o máis puro estilo americano “agarrando o pico” e sen casco pese o perigo; ou na “boa” compaña da “oposición”, coma as que ilustran iste texto; ata calqueira anuncio de obra, inauguración da redacción do proxecto, licitación do proxecto, adxudicación do proxecto, e demais do proxecto, o mesmo sexa obra do Concello, da Deputación, da Xunta; e non nos estranaria moito que mesmo saise por algunha obra dun particular.

Tampouco é que vaia a influenzar en moito tanta saida e tanto “arrímala ascúa” por parte do xornalista que a miudo firma ditas novas, José Alonso. Mesmo ca redacción das novas queda a dúbida de que sexa simpatia persoal do xornalista-delegado, o a caso sexa que tendo oposición novas xa redactadas para que imos molestarmos en búscalas, non si? E, para exemplo basta ler a nova sobre da bandeira verde que lle acaban de renovar a Ribadeo. Non se pode dicir que lla deron “pese aos grupos coma o UPRI”, senón se supón por méritos proprios.

Por iso, pese a tanta saida non vaia pasarlle o noso alcalde, como lle pasou a aquela outra persoeira do seu proprio partido, Branca Rodríguez Pazos, que en todos cantos cargos desempeñou o que millor sabia facer, e case o único que sabia facer, era convocar os medios para calqueira quítame ala isas pallas. Así lle foi que o que conseguio para ela e para o seu partido foi derrota tras derrotas: e o fín un culebron cas bagoas que verteu diante dos xornalistas dicindo que o pobo de Lugo non a queira. Por algo seria.

Xa o dí o refraneiro, “cando mírelas bagoas do teu compañeiro caer, vai comprando panos para as túas”.