Hoxe, abondando no tema dos recursos do noso litoral, e supoño que grazas a pregunta que onte se facia o nacionalista Lobeira; a Xunta deu conta das actuacións do Servizo de Vixilancia nestas pasadas datas festivas.
Os gardacostas fixeron aproveitando a Semana Santa unha xeira de inspecións en 84 restaurantes de Galiza, abrindo actas en 22 deles, ben de marisco sen documentación como de centolas milladas. O tanto por cento resulta espectacular. Así mesmo, tamén, se incautaron de 673 aparellos de pesca –nasas e redes- caladas de xeito ilegal. Debemos supoñer que ningún destos fora algún pescador deportivo.
Pescadores deportivos de costa, e sobre todo de embarcación e buceo, é de supoñer que cometan ilegalidades dabondas; ainda que de aí a fácelos o centro do esgotamento de recursos pesqueiros vai un mundo.
Calqueira que ande a miudo polas lonxas e polos peiraos de Galiza sabe que o filosofia de vida, aínda hoxendia, dos nosos pescadores é aproveitar o máximo ó que o Mar lles queira dar a diario. E, canto máis millor; xa que o dia seguinte non saben o que lles vai dar ou mesmo se van poder ir faenar. Ista encerteza é a que lles leva a cometer mais dun exceso.
Como anécdota, deixádeme que vos conte o que pasaba hai 30 anos nos portos de Galiza co marisco. En Rinlo, como narra Victor Sueiro no seu “Libro del Marisco”, as actuais “abandoadas” cetáreas funcionaban a pleno rendemento. No Nadal mandaban para as grandes urbes miles e miles de langostas, que nin sequera se pesaban; se facturan por tamaños. Mentras estaban nas instalacións se alimentaban con mais marisco –mexilóns, sobre de todo- de aí a sua calidade. Se queixaba o seu propietario Vázquez Orosa, no libro, de que o verdadeiro dano no recurso pesqueiro das Langostas o fixeran os proprios mariñeiros con uns aparellos que se lles chamaba “Miños”. Estas redes, que se empleaban no Sur de Galiza, as “importaron” uns mariñeiros de Cariño que andaban o bonito na desembocadura do Rio Miño, na Guarda, e miraron unha boia e roubaron o aparello que era unha especie de trasmallo de 3 redes. Non escapaba nin peixe, o que non pescana un pano o pescaba o outro. Poren, os recursos onde antés se pescaba con nasas e se respectaban as vedas, agora se esgotaban de xeito alarmante. Pan para hoxe, fame para maña. O mesmo de sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario