miércoles, 14 de abril de 2010

A Gaspar atácano de novo

Unha vez máis, o tempo que da e quita razóns, pon de manifesto que o que hai 2 anos comentaba nun entrada do Espazo de Juan non ía tan descamiñado.

Co novo episodio protagonizado polo golfiño nas regatas de bateis de Cangas se compren as duas premisas que 29608 reseñaba. Por unha banda o animal é un animal salvaxe, a pesares de que segundo din os expertos poida que fora adestrado para algunhas tarefas. Que lle goste xogar ca xente non quita de que haxa que gardar as formas. O peso do animal por si só pode botar a pique unha lancha ou lanzar o mar os seus tripulantes. Tamén,un “sinxelo” toqué do golfino querendo xogar pode acasionar lesións. Pola outra banda, fora dos científicos e biologos que estudan os animais, a maioría da xente non está preparada para interactuar co golfiño Gaspar. Basta con mirar a palada co remo que lle da o de Mecos o animal e a reación deste para entender que hai que manter un distancia prudencial para non causar dano o animal.

O que non cambeou en dous anos e a miña opinión de que non é de moita cultura botarse o Mar para conseguir imaxes do animal, sin estar preparados e sen mais; ainda que logo te defenda na “telegaita” o Farruco decindo “que mal hai en que uns rapaces queiran nadar con un golfiño. Pois ben Farruco, xa o miras.