jueves, 15 de abril de 2010

Galeguidade é …

A galeguidade non existe; existe o Galeguismo.

Hoxe nas páxinas de Galiza, do xornal El País, e nunha entrevista ao conselleiro-delegado de R,o coArturo_Dopicoruñés Arturo Dopico logo da compra do 35% da compañía por o fondo de inversión británico CVC, facia todo un exercizo de sinceridade o manifestar a súa opinión do que e galeguidade e non. “Cada uno decide la galleguidad  como le da la gana. Galleguidad es un capital que está dispuesto a invertir en Galicia, y que apuesta por su equipo directivo, y que a partir de Galicia decide crecer. Eso es galleguidad 100%.”, era a resposta de Dopico a pregunta de si a venda os brítanico non ia significar a perda da galeguidade de R.

Pódese dicir máis alto, supoño; poren non mais claro. O diñeiro non ten Patria. Vai e ven, ven e vai aló onde pode obter mais beneficio. O mesmo cas empresas de orixe galego van ata os confíns do mundo civilizado sen obteñen un euro mais que en Vila de Cruces, en Ordes ou no mesmo Vigo, as empresas doutros sitios poden invertir en Galiza sempre que se dean as condicións. O do diñeiro galego e un camelo, non existe.

Tamén na mesma entrevista se vislumbra o futuro da empresa R, medrar dende Galiza ata o resto do estado, sempre e cando lle deixen claro. Existe o compromiso de invertir 330 millons de euros en Galiza, ainda que so é ub compromiso, polo momento. O malo é cos compromisos xa se sabe as veces.