jueves, 21 de junio de 2007

Pronto Piaches

Nin siquiera vai unha semana desde que temos novo Alcalde e xa se subio o que cobra, ou eso pretende.

Cando nesta vila entraron os Alcaldes (Andina, Balbino) a cobrar as tan famosas dedicacións exclusivas fixose baixo o pretexto de que debian de cobrar aquelo que deixaban de ganar nos seos respectivos postos de traballo. Tamén o actual Alcalde, Fernando Suárez cando exixiú a Tenencia de Alcaldía do PSOE cobraba o que según él tiña de nómina no Concello de Vegadeo de soldo como administrativo; ainda que aí quen dí que engordoú a nómina eo non creo que fose certo.

Nesta ocasión o sr. Suárez, cal famoso prestidixitador, sacase da man unha fórmula novidosa: "xunta os soldos dos que disfrutaban él e máis Balbino na anterior Corporación, e divideos por dous". É a maís, a outra parte, a que corresponderiá a Balbino, ó non chegar a un acordo co PSOE, dí de dividila entre os grupos da oposición; será para engadarlos e que parezca menos a proposta matando dous páxaros dun tiro. Esto en si non é maís que unha nova volta de tuerca, xa que en definitiva do que se trata e de unha subida encuberta do que ganaba antés como Teniente de Alcalde. En realidad a categoria profesional no Concello de Vegadeo non lle subió; non vai deixar de ganar mais do que ganaba.

Esta proposta lóxicamente non é nada ilegal. Pero os nosos representantes debemos de exixirlles ademais de que cumplan as Leis que sexan éticos. Si tiña pensado en caso de gañar as elecións, e para eso se presentaba, ¿por qué non fixo antes esta proposta?

Esta Vila merece que o seo Alcalde teña un soldo o suficientemente digno para vivir. Pero aqui cada un que chega marcase o que quer ganar como se a polìtica fose un medio de vida. O soldo do Alcalde debe de ser para todos os grupos igual. Por exemplo: un euro maís que o que gañe o Secretário do Concello; ainda que este teña que aprobar unha oposición demostrando uns coñecimentos mínimos. E, os Alcaldes so lles baste con embaucar a algúns, nin siquiera a maioria como e o caso.

"Pronto piáches, páxaro", é o que se dí cando alguén empeza a mostrar a sua verdadeira cara. Esperemos que os grupos da oposición non lle entren o trapo. E como muito que como fixo Andina estos días na prensa que lle ofreza os seos votos. A ver como xustifica que acepta os votos do PP, o representante dun partido nacionalista de esquerdas. Supoño que decindo que é a millor defensa de Galiza que pode facer.