miércoles, 7 de abril de 2010

Máis de pescadores, furtivos e outras “especies”…

Hoxe, abondando no tema dos recursos do noso litoral, e supoño que grazas a pregunta que onte se facia o nacionalista Lobeira; a Xunta deu conta das actuacións do Servizo de Vixilancia nestas pasadas datas festivas.

Os gardacostas fixeron aproveitando a SemanaP6251015 Santa  unha xeira de inspecións en 84 restaurantes de Galiza, abrindo actas en 22 deles, ben de marisco sen documentación como de centolas milladas. O tanto por cento resulta espectacular. Así mesmo, tamén, se incautaron de 673 aparellos de pesca –nasas e redes- caladas de xeito ilegal. Debemos supoñer que ningún destos fora algún pescador deportivo.

Pescadores deportivos de costa, e sobre todo de embarcación e buceo, é de supoñer que cometan ilegalidades dabondas; ainda que  de aí a fácelos o centro do esgotamento de recursos pesqueiros vai un mundo.

Calqueira que ande a miudo polas lonxas e polos peiraos de Galiza sabe que o filosofia de vida, aínda hoxendia, dos nosos pescadores é aproveitar o máximo ó que o Mar lles queira dar a diario. E, canto máis millor; xa que o dia seguinte non saben o que lles vai dar ou mesmo se van poder ir faenar. Ista encerteza é a que lles leva a cometer mais dun exceso.

Como anécdota, deixádeme que vos conte o que pasaba hai 30 anos nos portos de Galiza co marisco. En Rinlo, como narra Victor Sueiro no seu “Libro del Marisco”, as actuais “abandoadas” cetáreas funcionaban a pleno rendemento. No Nadal mandaban para as grandes urbes miles e miles de langostas, que nin sequera se pesaban; se facturan por tamaños. Mentras estaban nas instalacións se alimentaban con mais marisco –mexilóns, sobre de todo- de aí a sua calidade. Se queixaba o seu propietario Vázquez Orosa, no libro, de que o verdadeiro dano no recurso pesqueiro das Langostas o fixeran os proprios mariñeiros con uns OLYMPUS DIGITAL CAMERA         aparellos que se lles chamaba “Miños”. Estas redes, que se empleaban no Sur de Galiza, as “importaron” uns mariñeiros de Cariño que andaban o bonito na desembocadura do Rio Miño, na Guarda, e miraron unha boia e roubaron o aparello que era unha especie de trasmallo de 3 redes. Non escapaba nin peixe, o que non pescana un pano o pescaba o outro. Poren, os recursos onde antés se pescaba con nasas e se respectaban as vedas, agora se esgotaban de xeito alarmante. Pan para hoxe, fame para maña. O mesmo de sempre.