miércoles, 26 de febrero de 2014

Paco de Lucia e o Mistol. In Memorian.

Pois ben, finou Paco de Lucia. Morreu aos 66 anos de idade este mércores dun infarto. O gran mestre da guitarra que sen dúbida foi quen mais a achegou ao gran público.

A modo de sucedido ou anécdota vou contaros o porqué da miña simpatia para con o gran guitarrista. Hai moitos anos, nunha das miñas primeiras viaxes longas visitei a uns familiares que temos na outra punta do mapa, en Alxeciras de onde era natural o artista.


Pois ben, unha tardiña decidimos ir tomar unhas cañas a un sitio chamado "O Botabara", que estaba a pé de praia do Rinconcillo, ao que se chegaba por unha pista entre cañaveirais e area. Era antés do gran boom do ladrillo e ainda non estaba a zona tan "urbanizada" de chalets adosados como ágora.


No "Botabara" facian unhas sardiñas ao espeto nunhas brasas na mesma praia que eran unha pasada. Tamén facia un Polbo a Grella que era a primeira vez que o miraba facer desa maneira; apestaba que metia medo. Cheiraba coma neumático queimado. Non fun quen de probalo.

Nunha das mesas do lugar, preto de nós, estaba Paco de Lucia con uns amigos, entre outros Julián Contreras, compartindo unhas das xoubas. O rematar se levantou e dirixíndose a dona do local lle pediu: "Mari, pásame el Mistol quilla". Tal era o "aroma" que tan preciado peixe deixa nas mans. Logo de se limpar a conciencia, agarrou a guitarra e de xeito espontaneo ofreceo aos seus amigos, e a tódolos presentes, unha mostra do seu asombroso poder.

Aquí vos deixou unha rumba "Entre dos Aguas"; unha peza significativa do seu arte. Descanse en Paz.