sábado, 23 de junio de 2007

Espellismo

Hoxe na prensa, evidentemente filtrado desde a Alcaldia no que millor domina, a manipulación da realidade, viña reflexado con todo luxo de detalles o titular de que o sueldo do Alcalde de Ribadeo baixaba.
Non deixa de ser senon unha manipulación, xa que en respecto o anterior alcalde e certo que baixa; pero o Sr. Suárez vai cobrar un 40% mais do que cobraba do concello como edil liberado e eso sen subirlle a categoria no seo posto de traballo na Veiga. Ademais, aproveita para marcarlle unha cantidades a cada grupo (300 euros ano) e a cada edil elexido (outros 300 euros) cousa que na campaña electoral non mencionou cometendo un auténtico fraude de campaña. Esas medidas deben de someterse o criterio do electorado, xa que si e ó que vai pagar cos seos impostos, xusto é que poida decidir. Tamén, aproveita para subir as dietas por Pleno nun 25%, e a subida mais grave as dietas por asistencia a Comisión; nin mais nin menos que nun 67% de revisión a alza. !A que lle subirar as ganancias de esa maneira!
Na prensa, casi parece que nos faga un favor os de Ribadeo con unha prepotencia que sin ningunha duda claro que vamos pagar os de Ribadeo. Vamos pagala ben e cara, senón o tempo.
As maneiras, déspotas e dictatoriais que muita xente dí que este home mostra pronto parecen asomar. Esperemos que non paguemos todos muito mais caro que esa subida encuberta e que o BNG se baixe da burra, en buscar unha saida negociada e natural, xa que con 4 concelleiros mal se vai poder gobernar por muito que se empeñan. Os que tenen que facilitar a tan cacarellada gobernabilidade non son os da oposición; son os da lista mais votada xa que sin apoyos pouco van poder facer.