jueves, 29 de abril de 2010

Pulseiras

Levan máis de dous anos entre nós. äs inventaron dous irmans americanos e avispados. Me refiro as pulseiras holográficas que, supostamente, e grazas a unha secuencia que vai no selo de Mylar (plástico, para os non crentes), nos proporciona efectos bos para a nosa mente e o noso corpo; ai é nada. Se deséxades máis información a pódedes atopar nesta ligazón de El País.

Dende logo eu non vou entrar no xogo de pulseira si ou pulseira non. Que o Ministerio de Sanidade do Estado non decidira ata o de agora a “alertar” contra das mesmas clama o ceo. E que so decidira “alertar”, xa case me parece un delito; se son un engano o que hai é que denunciar os responsabeis da fraude.

Poren, mírade vos, que os ariños de silicona si que serven para unha cousa. Serven para sacarlle as cores a algunhos; e non me estou a referir a última e espero que derradeira anunciante que contrataron para anunciala, me refiro a Belen Esteban. Con semellante anunciadora xa se sabe a quen van dirixidas. Eu, me estou a referir aos que se tenen por “medios de comunicación serios”. En conctreto a La Voz de Galicia, que con os conseguintes  cuponciños diarios para aumentar as vendas iste mesmo fin de semana pon a venda as “argolas máxicas”.

Verdadeira pena me dan os periodistas, os bos periodistas que sen dúbida hai na redacción dese xornal e que tenen que tragar con “productos de marketing” que lles imponen para gañar uns lectores mais. Eu, e non dúbido que eles tamén, penso que a millor maneira de ser un medio de comunicación serio, é que páxinas do seu periódico estean cheas de boa informacióOLYMPUS DIGITAL CAMERAn, de novas veraces e contrastadas, e dicir de un bo traballo xornalístico. Claro que tamén, polo que se desprende a diario das páxinas da Voz, cada vez máis, hai tamén na sua redacción unha morea de “periodistas” de sillón, que están a espera de que os xefes de prensa dos presidentes, dos conselleiros ou, coma no caso da edición A Mariña, das notas de prensa dos alcaldes que lles facilitan non movelo cu. E, logo sae o xornal como sae.

As pulseiras non sei si dan mais ou menos “paz mental” ou non. O que si teño claro é que o que desexa unha pouca de tranquilidade espiritual pode dar un paseo ata a Illa Pancha, por exemplo, e “meditar” un pouco sentado no banco da imaxe que acompaña ista entrada.

Saude, e que non vos déixedes enganar e sácalos cartos.