miércoles, 21 de abril de 2010

Mais aló…

Hoxe, tiña pensado falar de Garzón; poren ainda non aprendín abondo latín.

Millor que andar a falar do superxuiz, prefiro comentarmos o artigo da filóloga Sandra Faginas que hoxeOLYMPUS DIGITAL CAMERA         na Voz de Galicia, na sua columna de opinión Linguas Vivas. A mín que, certamente, nín son filólogo nín nada relacionado ca Lingua –so hai que mirar o feixe de “erratas” que leva cada entrada- non deixa de me sorprender a riqueza coa que o Galego ten a capacidade de definir as cousas máis ca outras liguas. A mais deixádeme dicir que estou encantado de que o artigo de Sandra veña a explicar o meu sentimento. Será casualidade ou coincidencia?.

Hai uns días, eses dias de Nordesia 9.0 que so na nosa costa se pode apreciar en toda a sua forza, tiven a ocasión de sacar as fotos que acompañan ésta entrada, e que estan a vosa disposición na miña Galeria do Flickr.  A primeira, arriba a dereita, lle poñia de tíduo “Mais Aló…”, xa que isa paisaxe me dicia que non podia ser noutro sitio, OLYMPUS DIGITAL CAMERA         senon mais aló, que o galego e capaz de definir da maneira que Sandra nos dí no seu artido.

Hoxendia, hai quen tamén pon en dúbida a existenza dunha cultura de raiz céltica, coma tal. Abondando -con moito atrevimento- no dito artigo, penso que os galegos falamos como falamos moi influenciado pola paixase. Se non existira o mais aló, seguro que tiñamos que inventalo. Ben poderia ser unha seña de identidade, e de xeito co é, xa que so en Galiza de pode definir de maneira tan exacta algo tan indeterminado, ou nón?.

Maña, falamos realmente falaremos do Garzón Real.