miércoles, 12 de febrero de 2014

En garda civil.

O governo que non hai pao que non toque -oes está en todo- e cada vez mais "fundamentalista" ven de prohibir o uso do uniforme da garda civil para calquer cousa que non sexa acto de servizo (mais ou menos). E, os moitos disfraces que tódolos anos polo entroido se miraban pasan a ser totalmente ilegais.

Ben, coma disfraces hai moitos e uniformes de que se vestir tamén, eu o que hoxe lles quero relatar os lectores e un sucedido real que lle pasou a este servidor con os uniformes.

Hai uns anos, cando o entroido era Entroido, eu vendia disfraces e complementos na miña tenda. Aquelo si que eran vendas. Estábamos ata as 2 ou as 3 da madrugada abertos e vendendo a todo ritmo. Daquela se vendian moitos petardos. Habia uns que eran certamente moi potentes. Os rapaces lles puxeran o nome de: "Cuartos de Barreno", tal era a súa forza. Os mercaban por caixa de 100 unidades e as explosións non deixaban de se suceder, bomba vai bomba ven.

Nesa epoca a "movida" estaba na avenida de Galicia e ruas do redor. Pois ben, cada vez que o coche patrulla da parella de tres, que coidaba que a xente non se desmadrara, pasaba pola rua Villalba os rapaces lle tiraban nos baixos unha serie de petardos que facian retumbar o "Patrol". Os axentes acabaron temblando. Nesto que ao ver de onde viña a venda, baixaron os tres gardas e libreta en man que entran na tenda. "Tiene usted petardos", dixo o sarxento. "Pois si teño. Qué queres? Unha caixa de 100?" respondin eu pensando que viñan disfrazados. "Oiga usted, que somos guardias de verdad", clamou o axente. "Perdone vostede, señor; asi disfrazados os pode confundir calqueira", aventurei eu. "Tiene usted permiso para vender petardos", medio se enfadou o sarxento, botando man xa da libreta. "Cómo di?. Claro co teño. Eu pago os meus impostos para vender entre outras cousas artigos de carnaval. Todo o que vendo e legal. Eu non vendo petardos ilegais, veñen todos con factura, e son clasificados para a venda pola Generalitat de Catalunya. E, mais, pola tenda viñeron do concello revisar o que iamos vender nestes carnavais e todo estaba en orde. Quere ver as facturas?", repuxen eu aparentemente moi certo de todo elo. O caso e que o sarxento, porque os outros dous nada dixeron, non debia ter támpouco moi clara a normativa e vendo que xa eran as 2:30 da madrugada me dixo: "Bien, en esta ocasión no le vamos a multar. Pero, no siga vendiendo más petardos", nunha especia de perdoa-vidas cousa que lle agradecin. Coma din os da "Generalitat", la pela es la pela. Marcharon "los agentes de la autoridad" e nos aproveitamos para pechar que xa ia sendo hora.

Este sucedido, totalmente certo, ven a demostrar que no Entroido non se pode ir "disfrazado" de garda civil nin para traballar.