viernes, 14 de diciembre de 2007

¿Pensarán qué somos tontos?




Nesta foto que ta tomada desde a Cova da Palla, na desembocadura del río de Villaselán, ou lo que queda d'el pódedes ver ua guapa vista dos faros da Pancha; pero lo que se dice cova, cova y profunda é na que parece tar a política que nos últimos tempos ven faendo el socio nacionalista del bipartito

Pasou sólo ua semana desde que vos comentaba a renuncia del BNG a reprobar a Magdalena Alvárez nel Senado a cambio de uas transferencias menores y, eso sí, 51 millois de deuda "histórica". Correron y corren rios de tinta, y aunque pesos pesados da "politologia" galega (eles mismos se califican de "politólogos) como pode ser Barreiro intenten faernos pensar que lo importante e faer caixa; parece olvidarse, como dice Beiras, que el nacionalismo galego surge del pueblo y non da burguesia como el catalán ou el vasco. E decir, os que auparon al BNG son as xentes de izquierda que pensan que lo importante e a libertad y a igualdad dos pueblos.

Bueno nun me alargo más sinón líome y xa la ármamos. Pos bien, nel transcurso desta semana enterabámonos pola prensa de que el Ministerio de Fomento nun había gastado 296 millois das obras presupuestas pa Galicia nestos dous ultimos exercicios, o sea deuda "recente". A resta entre as duas cantidades deixóbolas pa vosoutros. Nesto que foi Anxo Quintana cobrar y nin siquiera lo recibiron nas escaleiras. Ah, y Touriño de Tour-né.

Y por si fora pouco el embolao, ahora ven el Aymerich y vota xunto con el PP, a posibilidad de que el Parlamento Galego sea el que censure a Ministra; eso sí advertindo que: "el BNG nin premia nin reproba Ministros de Madrid".

¿Pensarán qué somos tontos?

jueves, 6 de diciembre de 2007

Pueblos libres, politicos vendidos


6 de diciembre, menudo dia pa volver. Paradójico. Que se lle vai faer. Un nun escolle as circunstancias nas que vive, sólo se adapta. Observa, Reflexiona e Decide. Simple, si nun fose por esta merda de Google que me cambiou pal "inglish". Perdonade a licencia.

A foto que acompaña esta entrada podia titularse "Porta Norte". É el "armatrostre" que vai permitir que a autopista do cantábrico entre en Galicia. Paradójico. Ua das obras daquel famoso "Plan Galicia de Mierda".

Pos bien, ven al caso del título desta entrada porque el outro dia el gran Quintana, -seique dentro de nada vai ser "Quin2008"- e os seos ad-láteres faéndose un favor a si mismos (dispoñer de mas cuartos para sua perpetuación) e intentando convencernos de que tamén era un favor para estas terras de Galicia, venderon ven barata a libertad deste pueblo. Un par de promesas de transferencias, dicen que xa asumidas, y us míseros 51 millois de euros. Digo míseros millois porque un pueblo sólo pode ser libre cuando el sou orgullo nun ten precio. Y poder poñer nel sou sitio a quen nos ofendeo con lo de "Plan Galicia de Mierda" nun ten precio. Ejemplos de pueblos que nun venden el sou orgullo a ningún precio ainda en circunstancias ven peores que as de nun poder dispoñer de us miserables 51 millois hai a barrer; cualquera pode pensar en varios: Cuba, e outros que nun sucumben.

Pero claro, Galicia padeceo y por desgracia einda padece políticos da categoria dos actuales mandámases del BNG que pensan que a libertad ten un precio. Pos bien eu sei, y muitos sabemos que 51 millois de merda nun pagan el sentimiento da ciudadania. Políticos vendidos que lo único que aspiran é a "ser influyentes en Madrid" en Galicia sobráronos sempre e siguénos sobrando. Pa que en Madrid nos respeten lo que tian que haber feito era darlle ua patada nel culo a señora Ministra "Antés Partía que Doblá". Pero, claro, ahora tein 51 millois de euros supuestamente que pa poñer en marcha alguas invenciois como el "065" que no lo van vender como todo un adianto, cuando nun vai ser mas que ua gran operación de imaxen como a mayoria das suas políticas. Pero nun vos dades cuenta que na mastodóntica e megalómana obra del Gaias xa van enterrados casi 500 millois que é 10 veces mas del precio da Ministra de Mierda.

6 de Diciembre. Paradójico. "Nazón e de Esquerdas"

miércoles, 14 de noviembre de 2007

A Cagada del BNG


De antemano teís que perdonar lo escatológico que resulta, desde el titulo hasta a imagen que acompaña este artículo. Lo que pasa é que a veces nun queda más remedio que falar de alguas cousas, y como a naturaleza penso que é mas sabia que nadie, prestóume esta foto para poder explicar lo que, de seguido, está a ser a politica del BNG. Ua cagada encima de outra cagada.


El pasado domingo taba lendo nos periódicos as noticias sobre el acto, un dos muitos, que para conmemorar os 5 anos del "Prestige" celebrara el socio nacionalista del bipartito na villa de Muxia, un dos sitios más empantangados por el chapapote. Pos bien, decian as crónicas que Anxo Quintana xuntara nel Pabellón de Deportes a uas 650 personas (veciños da villa, alcaldes da zona, y cargos electos -os más os do BNG- y algús voluntarios), invitoulas a pulpo, empanada y carne al caldeiro, deúxes un mitín y púxolles musica folk, non de gaita de Guadi Galego. Y, eu pregúntome: ¿A qué si en vez de Anxo Quintana fose el convocante Manuel Fraga pouco iba cambiar?. Paparota, mitín e musica. ¡Viva Jalicia, carallo!.


De verdad, ¿pensades qué lle importaria muito a Quintana el aniversario si nun pódese sacar proveito político?. Ya vos respondo eu, nun lle importaria nada, casi me temo que al contrario. En vez de aproveitar para, donde corresponda: enténdase CEE, Madrid, ou donde sea, faer forza para que sea cada vez más díficil que volva a pasar ua desgracia semejante; non, estos van e veña mitín con pulpada. Nun creo que fose muito pedirlles que empleasen mellor a confianza que os galegos lles deron y se deixasen de traballar sólo para si mismos, para pensar algo más nesta terra que tanto dicen defender. A lo mellor pensan que con reclamar os Servicios de Salvamento que lo tenen todo cumplido, cuando neste caso demostran ua incompetencia manifiesta e interesada de sacar beneficio político dun desastre. Claro, que di tú que a gestión que fixeron os outros del Prestige puxóllelo en bandeja de plata, con lo de os "hilillos" y demás.


Por eso, cuando el lunes pola mañá iba paseando y vin lo que ua "raposa" para tapar a merda dun "Can" fixo cagando encima, nun se me ocurrio outra cousa que fotografiarlo por aquelo de que ua imagen vale más que mil palabra. Ua merda tapa outra merda. Vosoutros mismos.


Por cierto, cuando lo del chapápote, algúos aqui en Ribadeo aproveitaron que tian ua lancha al sou nombre para embarcarse -a riesgo de marearse- para poder cobrar os sous buenos euros por el servicio de retirada de galletas, lo mismo por a lancha que por elos, casi que 30.000 das antiguas "rubias" al día. Desde que se acabou el "chollo" nun volveron poñer os pés nua lancha nin siquiera para a procesión del Carmen. Listos houbo sempre, hay y seguira habendo. Os del PP pensaron que con regar a babor y estribor os euros lles iba ser abondo para olvidar a desastrosa actuación nel naufragio; y claro, os que naufragaron foron elos. Para comprobar, como parece ser, que pouco ou nada se avanzou desde aquela, mas vale que nun volva pasar outra desgracia porque os que tan ahora non son muito mellores. Pulpo, empanada y música. ¡Viva Jalicia, carallo!

jueves, 8 de noviembre de 2007

Ay meu Bloque, bloquiño


Hoy, na prensa, aparecia a noticia do cabreo que ten o BNG con el "sou" sindicato CIG; por el que nua carta interna aos sous cargos lles dicia que a politica da CIG-Administración era ua política de dereitas.

A lo mellor ser de dereitas é denunciar que el BNG votou a favor dos "pluses" dos altos cargos por os que van cobrar alguos hasta 15.000 eurazos al ano a mayores, solo por haber sido "alto cargo" aunque fose nombrado a dedo y nun demostrara nin capacidad para el cargo, ou nin siquiera lo hubera feito bien.

A lo mellor ser dereitas é denunciar que el BNG con a "escusa" das Galescolas, que nel fondo para os rapaces ta bien, ta montando un chiringuito de "nepotismo" político convertindo as contrataciois nus tribunales políticos nos que puxo al frente al sempre recordado en Vigo, Lois Castrillo, todo un "lince" de izquierdas.

A lo mellor ser de dereitas é poñerse en contra da cesión del territorio galego a empresas multinacionais y nun ser complice silencioso como el BNG nel Plan Acuicola, contra el que muita xente y muitas organizaciois, incluso alguas agrupaciois locales del BNG, vein de protestar.

A lo mellor ser de dereitas e ir como Beiras as manifestaciois -contra Reganosa, contra el Plan Acuicola- y tar al lado da ciudadania defendendo Galicia codo con codo; y nun tar pendurao como Anxo Quintana dos carteles que lo señalan como responsable y cómplice destos desaguisados.

A lo mellor ser de dereitas é, con a escusa de modernizar el partido, intentar calar as bases para que nun podan manifestar a sua opinión votando nas Asambleas del partido. Menos mal que einda nun lo conseguiron, aunque seguro que Jorquera, Aymerich y compañia nun van deixar de intentarlo.

De dereitas tan demostrando, día a día, ós que agora manda no BNG que son elos tendo que "justificarse" por carta ante os sous cargos -ya nun é a primeira vez que lo faen- para intentar que estos sigan caladiños y elos poder seguir a lo sou que lo que de verdad lles importa.

jueves, 1 de noviembre de 2007

4-N. Todos a Corrubedo.


Nel "novísimo" Plan Acuícola de Galicia, cerca de esta zona que corresponde a parroquia ribadense de Piñeira, y na que por cierto pódese ver como os paisanos tein que acabar con a maleza - a base de lume- das cunetas a pesar da "limpieza modelo" que desde el BNG se dixo que se fixera. Como decia, cerca de aqui, vaise instalar ua das piscifactorias que prevee el Plan del Bipartito. Y digo, Goberno Bipartito porque a Plataforma Ecologista que convocou a todos os galegos y galegas a Corrubedo contra del citado Plan y na que figuran más de 50 organizaciois, hoy na prensa cébase especialmente contra dos nacionalistas aos que acusa de traicionar a Galicia.
Hai tamén us días eran os da C.I.G., el sindicato nacionalista, quenes acusaban a Consellería de Anxo Quintana de "nepotismo", e decir de actuar de comisario político a Lois Castrillo, como miembro del tribunal encargado de contratar a xente das galescolas. Si nun teis carné vas listo. Mismo decian que os propios que tiñan que cualificar nos tribunais se presentaban para algun dos postos da Xunta.
Tanto nun caso como nel outro, nun se pode decir que fosen os da derecha os que lanzasen acusaciois tan duras. Cuando son aos tous a quen tas defraudando por muito que lo intentes maquillar é que algo nun ta funcionando na sociedad civil. Cuando personajes tan significativos de Galicia como Beiras, Luis Tosar ou Reixa, ou os mas de 50 colectivos ecologistas (nos que nun sei si ta Adega) convocan de maneira unánime a manifestarse contra ua nova tropelia en contra deste Pais nun se pode decir que sea cousa dos poderes fácticos. Nun hai escusa a estos sólo lles importa gobernar, e decir "administrar", e decir "repartir os cuartos". Y xa se sabe...
Aqui en Ribadeo, a situación vaise enconar ainda más a cuenta del Plan Urbanístico, que é donde realmente tan os "diñeiros". Con tal de seguir, el alcalde Suárez dixo na prensa que taba disposto a negociar los que fose sempre que en Santiago lo pasaran. Vai telo bastante díficil si as cousas nun cambian, y nun parece que lo vaya faer.
Bueno na foto deste articulo pódese ver como os ganaderos tein que limpiar as cunetas das suas fincas pese a faer solo us dias que por ali pasaran as maquinas del ayuntamiento limpiando, ou algo parecido. Como nun tein muito tempo, faen lo que sempre fixeron, plantarlle lume que é muito mas efectivo que os modos del concello.

jueves, 25 de octubre de 2007

Vivindo entre mentiras


Dice el refrán que "pillas antés a un mentiroso que a un coxo". Eu, líbreme Dios, de chamarlle mentiroso a nadie. Neste "cuaderno" el que pense que se vai insultar a alguién vai de costas. Ese nunca será el "estilo". Sólo que cuando as cousas nun cuadren, os simples mortales temos el dereito a decir que non queremos vivir entre mentiras. Como os ciudadanos de a pé sólo dispoñemos dos datos que nos proporcionan os medios de comunicación y, además, como cada vez é mas díficil distinguir entre os que resultan interesados y os que no. Algún periodista ou escritor considera más fácil vivir das subvenciois, que outros reparten a discreción, y xa se sabe.



Por poñer un ejemplo, cuando desde a Vicepresidencia de Anxo Quintana pregonan os cuatro ou más ventos que, como pedra angular da política nacionalista para el próximo ejercicio, ua das medidas vai ser subirlles os pensionistas del Sirgas un 5%, é decir, ua media de 16 euros al mes para cerca de 55.000 galegos; y cuando as noticias sobre os presupuestos del próximo ano dicen que se fija un fondo de 5 millois de euros para esta subida; algo nun cuadra, algo parece mentira. Si son tantos os galegos beneficiados, si a media da subida e esa, si nun ano se cobran 14 pagas, si el fondo é de 5 millois, entonces é que as previsiois apuntan a que sólo se preven cartos para menos de 6 meses. Aunque a propaganda xa esta feita. Y, sin contar que os 16 euros de media al mes ven ser pouca mas de 53 centimos al día, que nin siquiera chegan para ua barra de pan diaria. ¡Vaya subida!. É de esperar que a mentira nun sea a dos 5 millois y halla cuartos abondos.


Outro ejemplo, de algo que nun cuadra na Vicepresidencia da Xunta, é el saber quen tia razón: si a "eficaz" Chus Lago Vilaboa, directora xeral, cuando na prensa hai us meses decia que lo de a Lei da Depencia del Gobierno Central era ua bicoca y lles recomendaba a os galegos que nun se apuraran a solicitar as axudas; ou, a Volta a Galicia que se montou el sou "jefe" Anxo Quintana a bordo del autobus da In-Dependencia. Un dos dous nun decia a verdad. Ahora que el vicepresidente ven de Madrid de firmar os cuartos, que poden pensar os galegos de lo que decia a directora xeral. Xa daquela nun lle fixeron caso cando na prensa si salia lo que pasaba noutras Comunidades Autónomos y foron solicitar as axudas as que tiñan dereito.


Y, para guinda, como nun hai duas sin tres, ¿quén creedes qué dice a verdad nel tema das transferencias?. Según, el "home-anuncio" que temos por Vicepresidente el Gobierno Central, por medio del ministro Caldera, se comprometera a transferir Salvamento Maritimo y outras competencias. Ahora, que cambiaron a Caldera, a tamén galega Elena Salgado dice que de compromisos nada de nada. Para demostrar que a ministra minte, ou polo menos non dice toda a verdad, desde a conselleria nacionalista sacan a luz as actas de seis reuniois con os tecnicos del gobierno socialista. Pos ben, segun transcribe nos seos titulares un medio mas ou menos afín como é el periodico Galicia Hoxe, nua desas actas certificase que el ministro Caldera chegara a ese compromiso. Claro que, lendo a noticia, lo que certifica esa acta é que os negociadores nacionalistas -cita a Anxo Quintana- cuando sacaron a colación nesa reunión lo de Salvamento Maritimo lles contestaron que as competencias sobre os medios a utilizar, de algua maneira, xa estaban reconocidas pola Constitución, por el Estatuto y polos tribunales. Outras cousa e que Salvamento Maritimo para el Cantábrico seña ua competencia en exclusiva de Galicia como dicen os nacionalista. E decir, que el acta que Quintana blande a luz pública para deixar en evidencia a ministra Salgado lo único que certifica e que lle deron "nones" por resposta. ¿Quén é o "mentireiro" verdadeiro?


Como pódedes ver na foto que ilustra este articulo, si vos fijades parece Castropol entre a bruma del amanecer; pero, ¿será ua foto ou será un cuadro?. ¿Ah?, prestando atención a verdad sempre se ve clara.



jueves, 18 de octubre de 2007

"Bandeira de Ribadeo"


Xa que están tan de moda ahora, tamén a mín as bandeiras, vanme servir para facer alguas reflexiois. A "tolemia" instalada nesta sociedad que vivimos; y alentada por uos y por os outros, na que parece que sólo vale lo que a ti te beneficia, caya quen caya; cuando se aproximan as elecciois alcanza puntos de auténtica tragi-comedia. Con lo bonito que é vivir; para min desde luego, nun merece a pena morir por ningua bandeira. ¿Sábedes por qué?. Porque sólo se pode morir ua vez. Y, despós, ¿qué faes?.


As bandeiras parecen símbolos, sobre todo para aquelos que las sostenen, inamovibles e inalterables que van más allá dos tempos. Mentira, y gorda. Nun son más que artilugios al servicio de quen se quer aproveitar dos demás. Señan dun tipo ou de outro, que bandeiras ai muitas, sempre que alguen las menciona é que quer conseguir que os outros fagamos algo por elos. Eu, desde luego, nun vou faer nunca nada que nun sea dudar de todo, que é lo que, desde este blog os pediria permanentemente, y sin faer bandeira de elo.


Si nos referimos as bandeiras dos paises é fácil comprobar como nun ai nada que sea más manipulable en aras de obscuros intereses. A de España hasta fae ben pouco tia ua grande y libre "aiga" no mismo medio; xa se cambiou afortunadamente. A Galega tamén ai quen no mismo medio, alegalmente, lle coloca ua gran estrella roxa de cinco puntas, mismo pretendendo apropiarse de ela como guardianes dun nacionalismo cada vez mas sectario y al servicio de algús "lobbys" que nada mais intentan conseguir beneficios propios; lógicamente en perjuicio del pueblo llano.


Si vos fijades, símbolos y cousas, e decir "bandeiras", que parecian que de desaparecer se iba acabar o mundo atopanse a cada paso. Cambiaron as "pesetas" y nun pasou nada. Cambiaron as "fronteiras" y támpouco pasou nada. A cada pouco cambian as "normas"; y nun é que nun pase nada porque amolar si que amolan; pero, vamos tirando mas mal que ben, pero tirando.


Pero, si é que hasta a credibilidad de instituciois tan "nobles", ou parecíamo a mín, como a que cada ano otorga os Premios Nobel cae polos suelos al dar como nesta ocasión el de Medicina a un "inteligente" médico americano blanco que ven de opinar que os negros son "genéticamente" us pailanes; ou mismo él da palabra mas "bandeira" de todas, el da Paz, al reconvertido Al Gore que cansado de oir que fora el candidato que mas cerca se quedara da victoria nese gran pais chamado America, decidiu faer "bandeira" del ecologismo y augurarnos a todos -americanos y no americanos- as mas apocalípticas catástrofes. Lo dicho, hasta os Nobel se volven mas mediaticos; y nun pasa nada.


A min non me gustan as "Bandeiras". Prefiero sentarme tranquilamente con os meos amigos, por ejemplo, nel muelle de Ribadeo, y contemplar as "estrellas", as visibles y mismo as "invisibles". El outro día, más bien a outra noite, conseguimos cazar ua qué sin saber cómo se metera nua das farolas de Porcillan. Míradelo sino na foto que acompaña esta "ejemplarizante" bandeira de reflexión. Como símbolo a min, ojo sólo a min, gustame más que esa Bandeira de Ribadeo que pretenderon publicitar este pasado verano.

sábado, 13 de octubre de 2007

"Bolboretas"

Que a presunción humana non ten límites é ua cousa que nun se pode discutir muito. Digo esta frase "presuntuosa" a cuento do que todos pódemos observar al leer cualquera dos nosos periódicos. A diario a cantidad de: siglas, cargos, directores, informes, estudios, etc.. etc.. y, asi podiamos seguir, nun ten el más mínimo desperdicio.


Aquí, cada quen, y refiérome a aquelos que cobran un sueldo ou ua subvención oficial, parece que ten a obligación de salir nos diarios con un estudio, un informe, ua morea de datos para justificar. Como muitos dos responsables desos departamentos ou desas organizaciois sólo tan alí para atacar políticamente aos contrarios, con ua abrumadora presencia na opinión pública, nun lles importa caer na más grande das desfacháteces.


Vou póñervos un ejemplo "patético". Esta semana, a prensa galega, traia el comentario por parte do responsable da Mesa pola Normalización Linguística -organismo independiente al sou decir- el señor Carlos Callón sobre a última encuesta da RAG sobre a situación del galego. Einda que tanto con el nombre como con el apellido se podian faer as mas varipointas das rimas, sólo vou decir que: "Carlos, hay que terlos bien largos". Y, hay que terlos así, para únicamente como el dice nos sous comentarios, "sentir arrepios" de que el galego se atope nestos momentos na peor situación da sua historia; muito peor que na encuesta do ano 94.


Eu, lo que creo é que nel afan de justificar el sou puesto y a necesidad da Mesa na sua más que "presuntuosa" -casi, "noxenta"- aparición nos medios de comunicación, desenténdese de esa nefasta situación del galego, posta de manifiesto nas conclusiois de esa encuesta que dicen que cada vez son menos os ciudadanos que tein en Galicia el galego como primeira lengua. Eso, a pesar das continuas campañas, apariciois y demas actuaciois da citada Mesa; aunque a mayoria das ocasiois lo único que faen e generalizar sobre algús colectivos, en especial funcionarios dos departamentos que nun lles son afines os seos intéreses.


Por eso digo, que hay que terlos bien largos para mirar para outro lado como si a cousa nun fóse con él. Supoño que algo, aunque sólo seña a "verguenza toreira", tera que ver con esa alarmante situacion del idioma galego el señor Callón, que si nun é capaz de admitir eso, lo menos que pode faer é Normalizar a sua deixándo paso a que poda faerlo algo mellor; porque sino lo que vai pensar a opinión pública é que sólo lle importa cobrar.

jueves, 4 de octubre de 2007

Cuando os buenos se van



Sólo van 2 anos de goberno bipartito na Xunta entre o PSOE e o BNG, para estos últimos a primeira experiencia en San Caetano, e de un tempo a esta parte vemos como das filas nacionalistas, ahora que celebran os sous 25 anos, se van caendo personaxes que axudaron a poñerlos donde tan.

As últimas bajas, noticiadas hoy pola prensa, son as de os dos dous concejales nacionalistas del Valadouro, despós de solo cuatro meses nel ayuntamiento, aunque xa foran concejales en anteriores ocasiois, pero que baixo a escusa dos consabidos "motivos personais" se van para a casa. A outra baja anunciada nel día de hoy é a de Lidia Senra, secretária general del nacionalista Sindicato Labrego Galego, despós de 18 anos al frente del mismo, y con tan sólo 50 anos, argumenta razois de edad na "necesidad de dar el relevo a novas personas que conduzcan el mismo". Esta escusa suena a "voúme, antés de ter que enfrentarme con estos".

Hay us dias, en Ribadeo, tamén anunciaron a sua solicitude de baja nel BNG Eduardo Gutiérrez, ex-parlamentario y ex-alcalde, así como outros 4 destacados e históricois afiliados, como Jaime Vidaurrázaga, tamén ex-alcalde, da formación nacionalista.

Todas estas bajas, as que se podian añadir otras muitas, son as últimas que se producen y faenlo, todas elas, intentando faer el menor daño posible al sou partido. Vanse de maneira "calada", anunciándolo eso si, pero sin armar bulla.

Alguas de estas retiradas, caso de Lidia Senra ou Eduardo Gutiérrez, son auténticas pérdidas para el BNG, al que tras muitos años de lucha en favor de que Galicia y el nacionalismo galego estén donde están, de feito el ribadense tuvo presente nel Palacio de Riazor fai 25 anos, como pode verse na foto del sou discurso, publicada nun artículo del periódico "Galicia Hoxe" sobre a Asamblea para a formación del Bloque.


Cuando os buenos se van, por algo será. Reflexionar sobre esto xa e cousa de cada un; pero nun hai que ser mui listo para comprender nas maus de quen ta quedando el actual Nacionalismo Galego, y lo que é más triste: a altura a que ta quedando.

lunes, 1 de octubre de 2007

As diferencias, claras.




Que todos non podemos ser iguales é algo tan evidente que decirlo resulta ua perogullada. Pero, é que tamén, hai ocasiois nas que as diferencias son tan marcadas que pensamos que non existen, que algús son iguales, y nun lo son. As apariencias engañan, y engañan muito. ¿A qué ven todo esto?. Pos véredes, Xosé Manuel Beiras y Anxo Quintana son os dous políticos, son galegos, son nacionalistas, foi el primeiro y é el segundo voceiro del BNG. Hasta ahi podiamos pensar que son idénticos; pero, por desgracia para el actual vicepresidente de Galicia, tamén ahi acaban as coincidencias.


Anxo Quintana, mal que lle pese, nin ten nin tera nunca ese algo que fai a ua persona, a un político, distinto dos demás y que lle chaman "carisma". Hai que dice que se nace con él, que nunca se chega a aprender. Pode ser verdad. Vémoslo nas últimas encuestas de opinión que a nivel nacional señalan a Felipe González como el personaje más apreciado por os españoles; y eso que nun ta na política activa desde hay varios anos.


Y, preguntarédesvos ¿en qué influye el "carisma", en qué se nota?. Estas preguntas respondense sólas. Mentras Anxo Quintana, nel discurso da presentación del 25 aniversario del BNG, se manifestaba como sempiterno aspirante sólo a gobernar. Beiras, por el contrario, sempre dixo que para él gobernar era lo de menos, que a sua aspiración ta en cambiar a sociedad.


As diferencias, tan claras. Nas fotos dos periódicos de hoy, lunes, mentras Beiras arrima el hombro pa sostener a pancarta, xunto con os galegos e galegas que ayer domingo, en Ferrol, se manifestaban para pedir el peche de Reganosa, Anxo Quintana é sostenido, en cartel, por esos mismos galegos e galegas señalando como "Culpavel" da situación. As diferencias, claras.

viernes, 28 de septiembre de 2007

Mar de Fondo


Nesta época que nos toca vivir dispoñemos de muitisima información. Estas máquinas que temos baixo a yema dos dedos son capaces de facilitarnos un sinfín de datos de cualquer tipo. Lo que resulta verdadeiramente complicado é saber para que los queremos.

Hoy na prensa, concretamente na Voz de Galicia, via un artículo de analisis sobre lo tocante a os presupuestos del Estado para Galicia, provincia a provincia. Dous redactores facían toda suerte de porcentajes, gastos per capita, etc... Incluso un delos era capaz de meter os nombres de Touriño y Pepín Blanco por el medio, faendo toda ua verónica metafórica sobre a provincia na que vota el segundo. Lo que me parece que non se deron cuenta era de que os habitantes que da provincia da Coruña mencionaban ambos analistas variaban en casi 200.000 personas, que para dividir lo presupuestado paréceme a mí que cambia un pouco.

Tamén hoy nos medios de comunicación, neste caso a través das ondas radiofónicas, donde tuvo a ben refugiarse el "dimitido" por el BNG, el tertuliano Antón Losada era capaz de ofrecernos, ou más bien de deixarnos entrever, información sobre el Mar de Fondo que ta axitando al Bloque con ua velada crítica al sou compañeiro nacionalista, el Conselleiro encargado dos lumes al manifestar que ahora que non ta xa nel ejercicio del poder nun lle importa reconocer que con ocasión dos lumes del pasado ano se cometeron errores por parte dos encargados del tema. Quen lo iba a pensar.

Si a esa "crítica", ou atisbo de desafío, lle unimos as informaciois sobre el retorno a Galicia del chico duro nel Congreso dos Diputados Paco Rodríguez para poñer orden nas filas bloquistas. Si ademas lle xuntamos el relevo en Madrid a donde van enviar a Aymerich ou a Jorquera con toda probabilidad, lo dicho Mar de Fondo.

jueves, 27 de septiembre de 2007

Salvando as distancias

Hoy, comentando a diferencia que un mismo asunto pode suscitar dependendo da óptica desde a que se mire, veuse a mente ua maldad: salvando as distancias o aproveitamento que dua "temporada" no poder poden facer os heredeiros.
Ésta semana, en Madrid nel Congreso dos Diputados, aprovouse ua moción -aunque rebaixándola- de Izquierda Unida al respeto dos bienes dos Franco. Pedía I.U. que el Estado requisase todos os bienes usurpados al pueblo por Franco na dictadura. El Congreso rebaixou as pretensiois dos comunistas deixandolo simplemente nun apoyo a declaración del Pazo de Meiras como B.I.C. (Bien de Interés Cultural).
Bien, pos si se miraba na prensa esta noticia, dependendo da "óptica" del medio el resultado de lo aprobado parecia distinto. Mentrás na Voz de Galicia se relataba lo sucedido nel Congreso como iniciativa de I.U.; nos titulares de Galicia Hoxe parecia que a instigadora de lo aprobado fose a Conselleira de Cultura, a nacionalista Anxela Bugallo, como auténtica paladín da lucha pola recuperación dos bienes franquistas. Por cierto, según me cuenta un amigo, parece ser que el Pazo de Meiras foi el resultado dua especia de "donación popular" pa que si fixo ua cuestación entre el pueblo. Claro que a alternativa entre participar ou non na donación xa la pódedes imaginar. Díceme el meu amigo que vai resultar interesante el pleiteo jurídico para desfacer este "donativo". Veremos.
Y, si se escuitaban as declaraciois feitas pola Presidenta da Comunidad de Madrid, a "popular" Esperanza Aguirre justificando que el Partido Popular fose el único grupo que votoú en contra da moción, entónces apaga y vamonos. Decía a señora Aguirre que: "cada uno en su finca privada puede hacer lo que le pete". Si, si, del castizo "petar" (sic. "agradar") que para eso es la Señora Presidenta de Madri.
Asimismo, esta semana tamén nos periódicos os simples mortales podiamos leer como sin ningún tipo de rubor os políticos del bipartito faian ua suerte de "strip-tease" político y daban cuenta das suas hipotecas. El Presidente Touriño ua hipoteca antigua y a punto de acabar. El Sr. Anxo Quintana, según el mismo en su curriculo enfermero de profesión y circunstacialmente Vicepresidente da Xunta, nacionalista y de izquierdas, vese na actualida sometido a tirania da suba del Euribor al ter a obligación de faer frente as cuotas de 3 prestamos hipotecarios. Si lle dicen a cualquiera dos Bancos, grandes ou pequenos, que un simple sanitario quer dispoñer, non de tres sinón de ua hipoteca, as garantias que lle van exigir nun vos quero nin contar; sólo se poden equiparar con as filigranas financieiras que el individuo vai ter que faer para poder pagarla sin morir nel intento. Deben pensar os asesores del BNG que ter non ua sinos tres hipotecas viste muito. Lo que pasa e quel traje quedalles grande.
Salvando as distancias, os heredeiros del sr. Quintana van poder disfrutar dun pequeno capitalín despos dua temporada no poder. El paralelismo con os herederos de Franco, que jurídicamente disfrutan del Pazo de Meiras por ua donación popular, tras de outra temporada del poder resulta cuando menos traxicómico de nun ser porque os cuartos das duas heredanzas salen del mismo furao: El Pueblo Llano.

domingo, 8 de julio de 2007

Inundacións

Esta foto que mostra os sumideros que en Villaselán, que reventaron as pasadas chuvias de hai 3 semanas, tamén podia servirnos para ver por donde se esfumaron as esperanzas de que as augas volvesen o cauce da razón, e o BNG deixase de manifestarse de maneira tan presuntusosa, actuando coma si tivese a maioria absoluta, e despreciando a voluntad manifestada nas pasadas eleccións dos ribadenses.

Parece claro que con os resultados que se deron nadie pode arrogarse, como fan os do Bloque, de que o pobo decidiu que foran eles os que gobernasen, enténdase que desta maneira tan despreciativa dos pactos e con absoluta falta de diálogo, pesie o que digan.

O PSOE ten que ter claro que con o Bloque non vai a ningunha parte, nin aquí nin noutro lado. O bipartito ya se via de largo que lles iba salir caro de verdad, e así foi. Por eso, me extraña que todavia no seno dos socialistas algunhos, por desgracia os máis, non asuman esta máxima. A decisión de apoyar a dedicación exclusiva para Suárez, xunto con o PP, fixo que os únicos que pérdesen neste asunto fosen eles. Tiñan o seo favor a forza moral e ética de que quén cambiaba "a maneira de pedir a cantidade", e non tanto a cantidade en si, non eran eles senon os outros. Balbino cobrou o que deixaba de gañar no banco; e este pediu un 41% máis do que cobraba na Veiga. "A maneira de pedir...", non se pode considerar "formas", senón "fondo" da cuestión. O Bloque foi o que cambiou as reglas, non escritas pero reglas, do xogo en beneficio propio. E, eso hai que pedirlles que lo xustifiquen, ou que lo asuman no seo debe. Están a facer caixa tanto de réditos políticos como de réditos monetários.

Maneira de facer caixa e subir as dietas da Comisión de Goberno, que iban ser sólo para eles e ahora teñen que compartir, en máis dun 67% e eso duas veces o mes. Chamádelles parvos. E, ademáis, acusando os demáis grupos de que no primer Pleno, no que se tratou dos cartos desta Corporación, o único que aprobaron foi as dietas da asistencia a Pleno, que subiron un 25%, e eso porque lles afectaba e beneficiaba sólo a eles. Esta claro que a oposición está lenta de reflexos. Estas oportunidades de decir unha verdad como un templo non pode deixarse pasar. O Bloque non lo perdona, ainda que non sea verdad o que din.

A ver si por o PSOE despexan rápido as dúbidas, e empezan a facer política de verdad.
Posted by Picasa

Consumado

Bueno, que se lle vai facer. Cando un partido político perde identidade, polas razóns que sexa, pasa a jugar a defensiva. Este é o caso do PSOE, na nosa vila. Vai a remolque do que fan tanto o BNG coma o PP.; e non é que fagan muito tanto uns coma outros. Cando millor o tiñan os socialistas porque o Bloque estaba a piques de entrar en nerviosismo: de feito xa ian aceptar os votos da dereita, deixándolles entrar na Comisión de Goberno, van e cagánla votando a favor.
Que o Bloque acéptase a entrada da dereita no co-goberno do concello non é unha cuestión lixeira. A ver que conexo sacaban da chisteira para xustificar tal decisión. Os seos votantes non sei se iban a estar mui contentos de votar nacionalismo de "esquerdas" e de resultas ser nacionalismo "interesado".
O de facilitar a gobernabilidade do concello non é mais que unha figura retórica xa que cada partido débese en primer lugar os seos votantes, que tamen son cidadáns de Ribadeo, e que decidiron libremente a sua opción. O que en realidad deben de facer e defender as suas bases. Neste caso as bases do PSOE creo que transmitiron claramente que o que non queren e sentirse inferiores os do BNG, e que non están dispostos a aguantar rancores e desprezos como ven sucedendo nesta nova etapa, desde a mesma noite electoral. O PSOE ten que comprender que detrás dos seos 3 concelleiros hai xente de Ribadeo, e xente mui orgullosa de votar socialista, pese a todo o que choveo, e mailos desprezos, traizóns e demáis que o bipartito lle supoxo a Balbino por parte dun paisano so interesado en chegar fose o prezo que fose. Enténdase a celebre sentenza de "goberno pola maña, oposición pola tarde", non aceptando nunca o goberno do concello coma unha unión de duas formación de esquerda, senón coma se houbese dous alcaldes, dous concellos. Non parar esa situación as primeiras de cambio foi a debilidade de Balbino, e nesa culpa leva esta penitencia que lle vai tocar nesta lexislatura, o que lle supón andar a remolque.
No caso que nos ocupa, a dedicación exclusiva do alcalde, non era só cuestión de unha cantidade ou outra. Era máis profundo do que parece supoñer: se o BNG desprezou os tres representantes socialistas non aceptando nengunha das propostas que lles fixeron para formar goberno (en realidade demostrouse que so querian gobernar eles sólos); se o BNG para calcular a cantidade que vai cobrar Suárez (neta, segundo eles; ó bruto non sei que o paga) arbitrou unha forma "sui xeneris" de sumar as duas pagas anteriores e dividilas por dous remarcando que, ainda asi Balbino cobraba máis, non é mais que rancor e sentirse inferiores; seo o BNG estaba disposto a tragar sapos e decidir aceptar a dereita na Comisión de Goberno; seo o BNG ameazou por boca do seo segundo, nun Pleno e diante de todos, con "tomar nota" nunha clara maneira mafiosa de entender a política por riba dos interese do pobo.
Despois de todo isto, por muito empeño que pullesen en xustificar o co-goberno ca dereita, mui díficil o iban ter diante dos seos. E, por riba, o PSOE so tiña que esperar a que tal matrimonio de comenencia se tirasen os trastos a cabeza. E máis, con un pouco de ruido, para que se "enteraran" en Santiago, a ver si a tan cacarellada independencia de actuación que din ter os da agrupación nacionalista de Ribadeo era verdade ou puro teatro. Ó ideólogo supremo do Bloque, don Antón Losada séntinlle eo mesmo dicer na SER que eles nunca pactarian nada de nada con o Partido Popular; claro que o que se di hoxe pola maña, pola tarde non vale nada.
O que está claro é que os votantes do PSOE o que non queren co seo voto e que gobernen os do Bloque, senon que gobernen os socialistas. Esta sentencia, irrefutable, é tan certa coma que os votantes do Bloque o que non queren e que os seos representantes co-gobernen co PP; supoño.
Balbino, ou o PSOE, que son o mesmo, ainda terán tempo de arreglalo e as primeiras de cambio: votarse fora dun sitio donde non te queren. Tempo o tempo.

lunes, 2 de julio de 2007

Curiosidades

Está entrada leva por título "curiosidades" xa que logo de ver a proposta do BNG sobre a dedicación exclusiva para o noso Alcalde, me parece todo un luxo de "inxeñeria financiera". Vamos a ver, a proposta según ó nº 2, de sumar a soldo de Balbino Vacas e o de Fernando Suárez é de dividilo pola mitade, para saber o que cobraría a Alcalde non é fruto da casualidade. Non aclara, támpouco, de que é fruto. Eo, personalmente, creo que é do rencor, senón non se entendeiria o de meter o sueldo anterior de por medio. Van de Listos como se suele decir. Con esa proposta tan "suxestiva" pretenden deixar mal a Vacas e disimular a realidade da subida de emolumentos en case un 40% para Suárez como quen non quer a cousa.
Tamén falan de sueldos netos, como si a parte bruta non lle costase nada o Concello ou como si non la percibise Suárez. Que lle explique a Facenda por que cantidades vai pagar para o ano que ven a declaración da renda, polo líquido ou polo real. A subida polo neto dicen que é de 500 euros o mes; pero polo real (polo bruto) é de 800 euros. A eso nesta terra chamáselle manipulación e engano.
Dentro da estratexía para conseguir a subida (supoño co BNG tamén se levará algo por aquelo de ser un cargo do seo grupo) venen intentando a traves dalgúns medios de comunicación que se cuestionan mui pouco as informacións que lles pasan que se trataría do "sueldo mais baixo" dos alcaldes da zona. Non será con o de Viveiro que ven de aprobar uns emolumentos de 1.900 euros/brutos o mes. Esto supón para cada un dos viveirienses unha aportación de 0,12 céntimos por barba o mes. Os 2.791 euros/brutos o mes que quer cobrar Suárez supoñen 0,29 cts. por cada un dos habitantes de Ribadeo. É decir, máis do doble do que vai cobrar o Sr. Roel; casi nada.
Ah, por certo, a pingüe subida dun 67% pola asistencia a Comisión de Goberno, na que evidentemente está o BNG con a excusa de que leva tempo sen revisarse é de risa, si non foran os cidádans de este pobo os paganinis. Máis de un traballador en toda a sua vida laboral non lle sube o sueldo nun 67%; hai que ter cara, e muita, para subirse a si mesmos esas cifras. Claro que o nº 2 entende ben de números e de enmascararlos. Será polo do T.A.E.
É, polo demáis, nin siquiera é cuestión de cifras; senón de falta de diálogo e de capacidade de negociación. Ainda que tenen 4 de 13, máis ben parece o reves que tenen 13 de 4 concelleiros. Ó final non é máis que unha muestra do complexo de inferioridade no que esta xentiña ésta sumida. En vez de ser cabeza de rato; so queren ser rabo de león. Alá eles.

sábado, 23 de junio de 2007

Espellismo

Hoxe na prensa, evidentemente filtrado desde a Alcaldia no que millor domina, a manipulación da realidade, viña reflexado con todo luxo de detalles o titular de que o sueldo do Alcalde de Ribadeo baixaba.
Non deixa de ser senon unha manipulación, xa que en respecto o anterior alcalde e certo que baixa; pero o Sr. Suárez vai cobrar un 40% mais do que cobraba do concello como edil liberado e eso sen subirlle a categoria no seo posto de traballo na Veiga. Ademais, aproveita para marcarlle unha cantidades a cada grupo (300 euros ano) e a cada edil elexido (outros 300 euros) cousa que na campaña electoral non mencionou cometendo un auténtico fraude de campaña. Esas medidas deben de someterse o criterio do electorado, xa que si e ó que vai pagar cos seos impostos, xusto é que poida decidir. Tamén, aproveita para subir as dietas por Pleno nun 25%, e a subida mais grave as dietas por asistencia a Comisión; nin mais nin menos que nun 67% de revisión a alza. !A que lle subirar as ganancias de esa maneira!
Na prensa, casi parece que nos faga un favor os de Ribadeo con unha prepotencia que sin ningunha duda claro que vamos pagar os de Ribadeo. Vamos pagala ben e cara, senón o tempo.
As maneiras, déspotas e dictatoriais que muita xente dí que este home mostra pronto parecen asomar. Esperemos que non paguemos todos muito mais caro que esa subida encuberta e que o BNG se baixe da burra, en buscar unha saida negociada e natural, xa que con 4 concelleiros mal se vai poder gobernar por muito que se empeñan. Os que tenen que facilitar a tan cacarellada gobernabilidade non son os da oposición; son os da lista mais votada xa que sin apoyos pouco van poder facer.

jueves, 21 de junio de 2007

Pronto Piaches

Nin siquiera vai unha semana desde que temos novo Alcalde e xa se subio o que cobra, ou eso pretende.

Cando nesta vila entraron os Alcaldes (Andina, Balbino) a cobrar as tan famosas dedicacións exclusivas fixose baixo o pretexto de que debian de cobrar aquelo que deixaban de ganar nos seos respectivos postos de traballo. Tamén o actual Alcalde, Fernando Suárez cando exixiú a Tenencia de Alcaldía do PSOE cobraba o que según él tiña de nómina no Concello de Vegadeo de soldo como administrativo; ainda que aí quen dí que engordoú a nómina eo non creo que fose certo.

Nesta ocasión o sr. Suárez, cal famoso prestidixitador, sacase da man unha fórmula novidosa: "xunta os soldos dos que disfrutaban él e máis Balbino na anterior Corporación, e divideos por dous". É a maís, a outra parte, a que corresponderiá a Balbino, ó non chegar a un acordo co PSOE, dí de dividila entre os grupos da oposición; será para engadarlos e que parezca menos a proposta matando dous páxaros dun tiro. Esto en si non é maís que unha nova volta de tuerca, xa que en definitiva do que se trata e de unha subida encuberta do que ganaba antés como Teniente de Alcalde. En realidad a categoria profesional no Concello de Vegadeo non lle subió; non vai deixar de ganar mais do que ganaba.

Esta proposta lóxicamente non é nada ilegal. Pero os nosos representantes debemos de exixirlles ademais de que cumplan as Leis que sexan éticos. Si tiña pensado en caso de gañar as elecións, e para eso se presentaba, ¿por qué non fixo antes esta proposta?

Esta Vila merece que o seo Alcalde teña un soldo o suficientemente digno para vivir. Pero aqui cada un que chega marcase o que quer ganar como se a polìtica fose un medio de vida. O soldo do Alcalde debe de ser para todos os grupos igual. Por exemplo: un euro maís que o que gañe o Secretário do Concello; ainda que este teña que aprobar unha oposición demostrando uns coñecimentos mínimos. E, os Alcaldes so lles baste con embaucar a algúns, nin siquiera a maioria como e o caso.

"Pronto piáches, páxaro", é o que se dí cando alguén empeza a mostrar a sua verdadeira cara. Esperemos que os grupos da oposición non lle entren o trapo. E como muito que como fixo Andina estos días na prensa que lle ofreza os seos votos. A ver como xustifica que acepta os votos do PP, o representante dun partido nacionalista de esquerdas. Supoño que decindo que é a millor defensa de Galiza que pode facer.