Ainda que en certas ocasións non se pode deixar pasar. Hoxe, a tarde, escoitando a radio estaba a falar un individuo coma presidente dun clube básico deportivo asturiano. Un clube de ciclistas-roiteiros aos que para celebrar o seu cabodano non se lles ocorreu outra cousa que baixar os seus aparellos para rodar na baixamar pola Praia das Catedrais. Veñen mais de 45 segundo as previsións deles mesmos. No seu pensamento está pasearse por baixo os arcos das rochas.

Desde o noso Concello incluso lles deron toda clase de facilidades (non para baixar as bicis a praia) senón facilitándolles as duchas no campo de futbol da Devesa. Case que todos coñecemos que o noso alcalde é un gran afeicionado o deporte dos pedais; ainda que penso que non seria moi do seu agrado coñecer as pretensións destes, supoño que so por facerse a foto de rigor.
https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=791260424283947&id=415176841892309
Este é a ligazón onde corroborar o escrito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario